E así... co oído escoitábamos (e dicíamos que dentro había algo ruidoso), coa vista (imaxinábamos de que cor podía ser o que había dentro: algúns dicíamos algo pequeniño, outros algo verde, rosa, azul, gris, morado, laranxa...), co tacto (algúns pensabamos que as bólas poderían estar quentiñas, outros fresquiñas, uns dicían que picaban, outros que eran suaves...), co olfato (algúns diciamos que ulían a herba, outros a chocolate, outros a caca, outros a plátano...), e imaxinando co gusto (para algúns as bólas saberían a fresa, para outros a limón, e para moitos a chocolate).
Pero... a nosa caixiña tiña un buraquiño, así que... despois de imaxinarnos todo isto, decidimos mirar a ver se conseguiamos ver se era certo que había unhas bólas dentro, e cantas habería?
Algúns non conseguimos ver ninguna, María Lorenzo dixo que había 3, María Vicente dixo que había 4 e Candela e Alejandro dicían que había 5. Cando abrimos a caixa, sacamos unha por unha contando, e había 5!!!! e eran bólas!!!! pero unhas bólas moi raras, con caras.
Así que... despois aproveitamos e traballamos unha vez máis as expresións das emocións. Mirade que ven imitabamos as caras!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario