Na entrada do cole estamos facendo un pequeno recanto do mar, que se vai creando a medida que imos facendo cousas, ou nos van chegando outras... O luns por exemplo, pintaramos cada un de nós, un
animal mariño, a escoller dentro dos que había nunha caixa, agora están decorando a
rede (
aparello) ... e enriba puxemos a nosa
Praia dos tesouros (coa
bandeira e a
mensaxe pirata...), cos
tesouros que collimos na saida á Praia... e tamén temos na nosa galería de arte os debuxos, do primeiro día, no que falamos de como era para nós o fondo do mar, que había...

Hoxe, ademais, Lea trouxo un
Libro-mural do mar, que moi entusiasmada nos ensinou, e todos estabamos ben atent@s mentres ela nos falaba de algas, cabaliños de mar, baleas... e ata vimos que había corais!!!!


Tamén hoxe, aproveitando que os
cabaliños de mar, nos gustan tanto, fixemos un cadro cun cabaliño de mar (que pintamos, e decoramos con troqueles pegados, purpurina...) e que de momento están tendidos na clase, decorándoa un pouquiño.

Nesta páxina atópase moita información sobre os cabaliños de mar, queres saber algo máis?

Ademais deixámosos aquí nestas imaxes información moi importante sobre eles: o seu esquelete
...

as súas partes...

Lembrade que nos podedes enviarnos calquera cousa do mar, para poder investigar, eh!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario