BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

5/5/10

OS PIRATAS QUERÍAN LEVAR OS NOSOS TESOUROS

Hoxe, ó chegar, moitos nin miramos para a nosa Praia dos Tesouros (nas arcadas do patio) pero... Alejandro sí que mirou e viu algo estrano, había unha bandeira pirata!!!! Tras varios debates entre nós sobre se existían ou non os piratas, entramos na clase, e fixemos as rutinas e asemblea como cada día. Aínda que hoxe, tiñamos unha nova "profe" era Ana, da que xa nos falara a profe Bea, e que nos veu a visitar e estivo con nós toda a mañá.
Hoxe os trasnos falaron con ela, e avisárona de que as encargadas debían mirar na maleta, pois había algo, e... sorpresa!!! unha mensaxe pirata!!!!!Dentro da maleta había unha botella con cunchas, area... e unha carta, na que escribía un loro, que sempre acompaña ó capitán Pata de Lata, o pirata que máis tesouros leva atopados por todo o mundo.Na carta, dixéronnos que onte se sorprenderon ó enterarse de que tiñamos a nos propia praia dos tesouros, e viñeron ó cole con idea de levalos, pero... como saben nós investigamos moito, propuxéronnos un plan: se nós lles axudamos a investigar sobre AS COUSAS DO MAR, eles non levarán os nosos tesouros, e nós, claro está, aceptamos a proposta, así que... xa sabemos, investigamos as cousas do mar, así que... Podemos traer ó cole, todos os materiais que nos podan axudar nesta pesquisa (cousas de internet, libros, contos, pelis, libros-murais como os que trouxemos a primavera...)
Nós xa empezamos a investigar: debuxamos os nosos mares, dixemos que cousas sabemos sobre que é o mar, e que cousas hai nel...

2 comentarios:

  1. Hola Bea!Qué excelente motivación para que los niños aprendan cosas sobre el mar!me encantó tu blog y voy a enlazarlos.

    Besitos desde Argentina

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias!!!
    te sigo en tu blog!!!!

    ResponderEliminar

 
poemas de amor