Para
os peques xa rematou a clase, para os profes aínda nos quedan uns días para rematar cousiñas, preparar as aulas, xuntanzas... pero xa queda menos para as vacacións!!!!!!!
Como moitos xa sabedes, eu cambiarei de cole, e o próximo setembro xa non estarei no Rosal, senón en Ortigueira, o meu novo destino, e con novos nen@s, compañeir@s...
Pero, aínda que ata agora sempre que cambiaba de aula, cambiaba tamén de blog, desta vez non o farei, así que... por aquí poderedes seguir vendo as andanzas da miña nova aula, e por suposto, tamén volver a mirar e remirar as nosas aventuras deste curso 2009-2010, que seguirán tamén neste espazo.
Dende aquí, só quero despedirme dando as grazas ás familias pola súa colaboración ó longo de todo o curso, e mandarlle un montón de bicos ós meus peques, os que (despois de ver as fotos de todo o curso...) medraron un montón, e xa parece que pasou moitísimo tempo dende os primeiros choros de setembro ata agora, que xa están tod@s feitos uns chic@s!!!!
Espero que sigades vendo de cando en vez o blog, e xa sabedes, facede comentarios!!!
Ata sempre!!!!