BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

6/10/10

ALGUNHAS COUSIÑAS


Ímosvos ir contando algunhas das cousiñas que imos facendo na asemblea, a primeira hora da mañá.
Cada día temos dous encargad@s, co que conseguimos así aprender a compartir tarefas.
 Cada día, os nen@s aos que lles toca ser encargad@s poñen as súas fotos no panel, para que tod@s saiban quen son ese día.
Algunhas das funcións dos encargados son dirixir a orquestra para cantar os días da semana, contar cantos estamos no cole, mirar se faltou alguén, comprobar o tempo que vai, reflictir o día no que estamos e o mes, e máis a estación do ano...
tamén buscar o noso nome no libro dos nomes...

Pouco a pouco irán xurdindo máis e máis cousiñas, á vez que nós imos tamén medrando e sendo cada vez máis autónomos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor