Hoxe, a primeira hora da mañá recibimos unha visita moir especial , era o carteiro que nos traía unha carta de Formi (a formiga viaxeira).
E os encargad@s do día foron os que a abriron para ver que información traía...
Ao parecer Formi está perdida nunha cidade, na que falan un idioma moi raro (e claro ela non se entera de nada) e na que nos pide axuda para que lle axudemos a saber onde está e cousas dese lugar. Para iso, enviounos unhas fotos que fixo, e a ver se entre todos (familias aquí precisamos a vosa axuda) conseguimos saber onde está... logo mandarémoslle unha carta con toda a información e de paso pescudaremos moitísimo... convertirémonos en auténticos detectives!!!!
Mirade as fotos que nos enviou. Alguén sabe de que cidade se trata? Por favor enviádenos calquera tipo de información para poder axudar a Formi (libros, información impresa, páxinas de internet, postais, moedas propias... calquera cousa que teña que ver co tema seguro que nos valerá para montar o noso RECANTO DE INFORMACIÓN).
Moitísimas grazas pola vosa axuda!!!!
NOTA: Deixamos no lateral esquerdo un logotipo do noso proxecto, este no que a través das viaxes que irá facendo Formi coñeceremos un montón de cousas de xegrafía, culturas, idiomas... Picando nel poderedes acceder a toda a información que teñamos ao respecto do proxecto.
7/10/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario