BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

13/11/10

A FESTA DO PEÓN

Onte foi un día ben completo: pola mañá tivemos a festa do peón, para o cal nos días anteriores estivemos moi atarefados facendo boliñas e máis boliñas de papel de seda...

Para logo poder sair ao patio con todos os compis de infantil, e bailar os nosos peóns.

 
Tamén aproveitamos na clase para decorar unha buxaina nunha ficha na que se conmemoraba o día, e que agora están decorando o noso xa coñecido tendal.

Na merenda, e para ir quentando motores, para a tarde... puidemos degustar un exquisito postre de castañas que trouxo Icía, e  do que non quedou nin un cachiño!!!!
 Pola tarde tocou sesión de magosto, e tra-la visita da castañeira ás nosas clases, todos saímos coas nosas cestiñas para o patio cuberto a comelas. Estaban deliciosas!!!!
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor