BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

21/11/10

O SEGREDO DE FLORA


Esquecíaseme de contarvos tamén que o venres coñecimos "O SEGREDO DE FLORA" un conto que nos ven moi ben para traballar o control de nós mesmos nos momentos en que se nos apeteza actuar de xeito un tanto raro (pegando, mordendo, dando patadas...)
Flora ten un segredo para que isto non aconteza... para que cando ela sinte esas formiguiñas que ás veces queren escapar do seu corpo en forma de lóstregos... e son só unhas palabriñas e xestos máxicos cos que ela se tranquiliza, e nós... pode que tamén, non? Imos probar!!
1, 2, 3 o enfado polas mans...
1, 2, 3 o enfado polos pés...
1, 2, 3 o enfado xa se vai...
1, 2, 3 o enfado xa botei!!
(fixémolo recitado e acompañado de xestos) Cando estemos todos no cole volveremos a contar o conto para que todos o coñezan e así poder gardar xuntos este segredo de Flora... teredes que ler o conto para saber de que vai isto do seu segredo.
Logo aproveitamos para debuxar ós protagonistas deste conto: Flora (unha nena) e Micha (a súa gatiña). E mirade que ven nos quedaron...

Aproveitamos estes debuxiños para decorar no noso "hall" destinado a... CONTOS E MÁIS CONTOS... distintas actividades que iremos facendo de animación á lectoescritura na nosa clase relacionadas co mundo dos contos e os seus personaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor