BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

10/12/10

COUSIÑAS QUE QUEDARON POR CONTAR

A semana pasada case non houbo movemento no blogue, e non porque non fixeramos nada no cole, non, non,non!!! senon porque a profe está facendo un curso que lle ocupa moitas tardes... pero aquí está o resumo.
Seguimos recibindo materiais sobre Laponia, onde está Formi, sobre os caracois (cos vosos libriños estamos aprendendo un montón de cousas, pero á volta de vacacións nos poñeremos a investigar máis e máis cousas sobre eles, a partires das cousiñas que vós nos enviachédes).
Logo, traballamos algunhas cousiñas, por exemplo, despois de ler onde está Laponia, situámola no globo do mundo, respecto a España, puxémoslle dous gomets pegados, para lembrarnos facilmente onde estamos nós e onde está Formi.
Plasmamos en papel a nosa foto, situándoa en España e a de Formi no trineo en Laponia...
Fixemos unha ficha sobre os renos que hai en Laponia... traballando a grafomotrici.dade e o conteo, ademais de ver as caraterísticas propias destes animais


No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor