BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

16/12/10

A NOSA PÁXINA PARA O LIBRO COOPERATIVO DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca, propúxose para este mes de Nadal facer un Libro Xigante Cooperativo, entre tódalas aulas do cole. A cada ciclo lle tocou traballar nunha temática:
EDUCACIÓN INFANTIL: poesías e adiviñas
PRIMEIRO CICLO: contos
SEGUNDO CICLO: panxoliñas
TERCEIRO CICLO: caligramas
Así, repartíronse polas aulas cartolinas grandes verdes ou vermellas, para que cada clase fixese a súa páxina.
Esta é a nosa, despois dun grande traballo de pintar, escribir, pegar, recortar...



 Moi pronto poderedes ver o libro enteiro, que por suposto será unha obra que estará a disposición de todos os que a queiran ollar na biblioteca escolar. Ao ser nós os protagonistas, seguro que imos velo unha e outra vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor