BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

18/12/10

A QUE ANDAMOS ESTES DÍAS?

Pois andamos atarefados rematando cousiñas, comezando a escribir nos nosos debuxiños e fichas (tanto palabras como números para que nos vaian sonando) ademáis do noso nome, claro!
Facendo visitas á biblioteca para levar o empréstito de biblioteca...
Tamén vimos unha peli no EDI cos nosos compis da clase de Ana...

E fomos a contar o conto de " A CEBRA CAMILA" tamén á biblioteca, coa clase da profe Ana, e...
SORPRESA!!!Levamos a vela de contar os contos, unha veliña que encendeu a profe Ana antes de que comezara o conto, e que unha vez rematado, todos apagamos soprando á vez!!! Estivo moi chuli!!! Despois aproveitamos a debuxar á protagonista do conto e cos debuxos faremos un libriño que podarán ver todos os compis do cole, pois estará na biblioteca, na sección de "OS NOSOS LIBROS", e que moi pronto esperamos ter cheíña de cousas feitas por nós.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor