BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

2/4/11

FORMI ESTÁ EN... BRASIL!!!!!!

 O martes chegounos unha carta de Formi onde nos dicía que no Entroido collera un avión e se fora para outro país. 
 Díxonos que nese país festexaban moitísimo esa festa e ademais ensinounos a súa bandeira que é esta:

Xa nos comezaron a chegar cousiñas ao cole, e ao parecer, segundo din as informacións está en Brasil.
Empezamos a lembrar nos países polos que leva viaxado e o certo é que esta formiguiña non para. Xa vimos nunha fichiña o mapa e a cantos sitios leva ido!!!!

Xa sabedes precisamos cousiñas sobre Brasil para poder pescudar moitas cousas e axudarlle a Formi a coñecer ese novo país. Moitas grazas pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor