BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

2/4/11

OS NOSOS XOGOS

A nosa clase estase enchendo con novos xogos que imos facendo: de letras, de números, coas nosas fotos, coas nosas palabras, cos nosos debuxos... polo que o noso recanto de xogos cada vez ten máis posibilidades para escoller tarefa.
Pero ademais á nosa clase chegan outros xogos cos que pouco a pouco nos iremos adentrando no mundo das letras e dos números alimentando a uns animais, sí, sí, líchedes ben.
 Temos uns animais que só comen letras, ou só números, ou só palabras... e nós temos que darlles unhas gaietiñas escribindo o que corresponda segundo o animal ao que queiramos alimentar. Encántanos este xogo, e algún animal acabará empachado con tantas gaietas que lle damos.

 

1 comentario:

  1. Noraboa por todo este traballo Bea, encántame todo o que facedes, ti e os teus pequechos. Non sabes todo o que de maneira indirecta me estás ensinando neste meu primeiro ano como profe!!
    Grazas! e de novo...NORABOA!
    un biquiño e moitos ánimos para seguir así!

    ResponderEliminar

 
poemas de amor