BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

22/5/11

XOGANDO E CREANDO CONTOS

Estamos a crear un montón de contos con distintas técnicas, traballando sobre os elementos precisos para poder crear unha historia, e así é como nos van saindo historias cooperativas que logo transformamos en auténticos libros cos que gozar da lectura na nosa biblioteca de aula.
Ás veces DEBUXAMOS CONTOS, creando un lugar, uns personaxes e uns obxectos. Despois de ter listo o noso debuxo, contámoslle á profe a nosa historia para que ela a escriba, e despois inventamos un título, que escribimos nós mesmos, e tamén asinamos as nosas obras.
  
E estas son as obras que nos van saíndo:
Outras veces creamos contos cooperativos a partir de 4 palabras como este:


Outras veces nos complicamos máis e creamos historias a partir do xogo dos iogures que creamos, e co facemos historias cooperativas a partir de varias palabras (distintos número segundo nos vaian saindo as tarxetas). E así nos temos que concentrar:
Mirade como xurden as palabras:









2 comentarios:

  1. Hai que ver que cousiñas máis interesantes e orixinais facedes. Gústanme moito os contos. Vaia raparigos máis traballadores e con canta imaxinación!!!!!! Un biquiño

    ResponderEliminar
  2. Contos así eran os que tiñamos que ter todas nas bibliotecas das aulas. Que ben traballaron! Noraboa.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor