Veu Roberto o profe de taichi con algúns alumnos a facernos unha pequena mostra do que é esta arte chinesa, e tamén lle puidemos facer unha pequena entrevista colectiva a este mestre de taichi italiano, e que aprendeu taichi hai moitos anos e foi un montón de veces a China.
E para que todo estivese decorado, entre tódalas clases fixemos uns dragóns, uns farolillos chinos...
Outro día tamén aproveitamos a facer os nosos propios pai pais, eses abanos chineses que adoitan levar debuxos de flores e paxaros. Nós tamén fixemos esos debuxos para construir os nosos:
E aproveitamos tamén para caracterizarnos de chineses e chinesas, pintando os ollos e decorando uns sombreiros de papel de xornal, que semellaban ser os sombreiros que utilizaban nos arrozais, por exemplo.