BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

15/6/11

ESTOS DÍAS... FORON DE FESTA CHINESA!!!!

Veu Roberto o profe de taichi con algúns alumnos a facernos unha pequena mostra do que é esta arte chinesa, e tamén lle puidemos facer unha pequena entrevista colectiva a este mestre de taichi italiano, e que aprendeu taichi hai moitos anos e foi un montón de veces a China.



E para que todo estivese decorado, entre tódalas clases fixemos uns dragóns, uns farolillos chinos...
Outro día tamén aproveitamos a facer os nosos propios pai pais, eses abanos chineses que adoitan levar debuxos de flores e paxaros. Nós tamén fixemos esos debuxos para construir os nosos:


E aproveitamos tamén para caracterizarnos de chineses e chinesas, pintando os ollos e decorando uns sombreiros de papel de xornal, que semellaban ser os sombreiros que utilizaban nos arrozais, por exemplo.

1 comentario:

  1. Debeu de ser moi divertido iso do Taichi.Os farolillos e os pai pais son moi bonitos. Un saúdo.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor