De momento levamos moi ben ler o noso propio, e se nos fixemos nas primeiras letras e últimas sacamos o nome dos compañeiros tamén.
Os percheiros e as gavetas sufriron o cambio de tarxetas cos peques de protagonistas, tendo que ser eles os que as cambiaban.
E de paso aproveitamos a facer uns xogos de recoñecemento dos nomes: ensinando todas as tarxetas novas á vez e tendo que ir a buscar un nome concreto; amosando eu unha e tendo que levantarse e sentarse rapidamente outra vez o neno do nome que ensino en cada momento, buscando que nomes comezan por determinada letra... Pasámolo moi ben!!
Para os percheiros dos mandilóns cada nen@ fixo a súa propia tarxetiña, e tamén aproveitamos a xogar, como non!

No hay comentarios:
Publicar un comentario