Ademais comezaremos a traballar por recantos propiamente ditos e teremos que facer os paneis de control, os carnés, preparar materiais...
Tamén, como xa somos os de 4 anos... cambiaremos os paneis da asemblea por uns para "maiores" (jeje), faremos os nosos novos manteis para as merendas... así que pouco a pouco estas dúas semanas serán para seguir poñéndonos ao día nós e o espazo.
E non vos conto nada máis, vou a seguir facendo materiais, só que se vedes que tardamos en escribir só é porque de momento nos adicaremos a facer algúns cambios nas nosas rutinas do curso pasado (cambiaremos as cancións por exemplo). Cando teñamos cousiñas listas xa vos iremos comentando.

No hay comentarios:
Publicar un comentario