BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

20/10/11

APRENDEMOS COUSIÑAS DOS PLANETAS

Hoxe foron varios os nenos e nenas que nos trouxeron cousiñas dos planetas para investigar. Con Marcos e Julián aprendemos que hai planetas gaseosos, e planetas rocosos, por exemplo. E tamén que hai un investigador de planetas que se chama George Marcy, que di que hai unha estrela parecida ao sol (que se chama Kepler 11) que ten 6 planetas orbitando ao seu redor.

Noah ensinounos o traballo que fixo na súa casa, e con el aprendemos que á Terra tamén se lle chama Globo terráqueo ou terrestre, e que o 71% del é auga. Tamén vimos a división de planetas, tal como nos ensinaran Julián e Marcos.
Así vai o noso cortizo cos materiais para informarnos e aprender cousiñas:

Moitas grazas familias por mandarnos cousiñas para poder investigar!!! Aos nenos/as encántalles ser protagonistas, aínda que só sexa un momento, para ensinarlles aos compañeir@s cousiñas que traen da casa. Esperamos seguir recibindo moitos materiais (vídeos, xogos, contos, libros, mapas...) e así aprender moitísimas cousas.

Despois de tanto falar, sobre os planetas, puxémonos mans á obra e traballamos coa orde dos planetas respecto ao Sol. E así traballamos:

 Coloreamos, recortamos, identificamos, lemos, pegamos e... voilá! aquí están os nosos traballos!
 


2 comentarios:

  1. Hola!
    Son una profe dun cole de Cangas, e este ano nós tamén estamos a aprender cousas sobre os planetas e o universo.
    Grazas por compartir as vosas experiencias.
    Se queredes tamén podedes participar no noso blog da aula: anacosdocole.blogspot.com. Estaremos encantados de recibir as vosas visitas!!
    Un bico grande para a profe para todos os nenos e nenas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Vane pola visita!!! Visitareivos para ver que cousiñas estades facendo tamén vós. chao

    ResponderEliminar

 
poemas de amor