BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

SEGUÍDENOS POR E-MAIL.

30/1/12

MATE-XOGOS

Xa vos dixemos que o noso recanto de lóxica ía cambiar moitísimo ao longo deste trimestre, así como tamén as actividades que iamos realizar para aprender de preto como funciona o mundo dos números, e polo tanto, como funcionan as "matemáticas". Algúns dos materiais novos que temos xa os vichedes noutras ocasións (lotería, tickets,dados, chapas, tapóns... por certo, moitas grazas pola vosa colaboración). Son moitas as posiblidades que temos de traballar a lóxica matemática con estes materiais, e ata coa súa mestura, senón... mirade o xogo que nos inventamos.



 
  (Temos un vídeo pero non no-lo deixa subir)
Así que... vo-lo resumimos:
- Tódolos nen@s menos 4 (axudantes) tiñan un cubilete e un dado.
- Todos á vez tiran o seu dado.
- Din o número que lles saiu e os axudantes vanlles poñendo os puntos correspondentes (chapas, segundo o número que sacaron).
- Faise o mesmo en 3 ou 4 tiradas.
- Hipótesis: quen credes que ten máis? quen ten menos? quen ten igual?...
- Cada un conta os seus puntos (número de chapas conseguidas) e escribe o número nunha tarxetiña.
- Finalmente observamos se as nosas hipótesis eran ou non correctas.

Víchedes que sinxelo é traballar cos números de xeito lúdico. Cada día, no recuncho, inventan máis e máis xogos, e na asamblea, a profe tamén aproveita para ensinarlle as súas invencións, jeje.
Non só se traballa o conteo, senón as actividades de correlación (número-cantidade), ordenación (1ª tirada, 2ª tirada...) todas elas encamiñadas a que os peques adquiran a noción de número con significatividade.
 Xogamos colaborando... repartindo tarefas...
 Comparando e facendo as propias primeiras hipótesis: quen ten máis, quen ten igual, quen gañará...


Creamos unha nova linguaxe visual de correspondencia numérica e de cantidade, sen que aparezcan propiamente os números.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor