BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

14/1/12

A NOSA PEGADA: APRENDEMOS A ASINAR

Estamos acostumados a escribir o noso nome tódolos días (cando facemos as fichas, cando somos encargados e o poñemos debaixo da nosa foto, cando facemos algún agasaio de cumpreanos...). Pero agora xa sabemos personalizar aínda máis os nosos nomes, facendo a nosa sinatura (que temos claro que é a escritura do noso nome e un garabato por riba). Pero sabemos que hai xente que non sabe escribir o seu nome (sobre todo moi maiores) e asinan coa súa pegada dixital. Así que... aproveitamos e fixemos as dúas modalidades. Mirade:


Aquí podedes ver algunas das que fixemos. Xa iremos mellorando a técnica, pois cando asinemos os diplomas contacontos, os agasaios dos cumpreanos... xa iremos practicando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor