BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

6/2/12

INVENTAMOS ADIVIÑAS

Este mes estivemos traballando uns textos particulares, as adiviñas, fixemos moitas, e de diferentes xeitos: escribímolas, debuxamos as respostas, fixemos pictogramas... pero ademais inventamos as nosas propias adiviñas. Neste caso, ensinámosvos unha tarefa, na que debiamos escoller un dos personaxes que reflictimos na ficha, e inventar unha adiviña con el.

Asi que...a profe debuxou (como puido, jeje) os personaxes, e logo fixemos unha votación. Gañou o pirata, así que, entre todos inventamos unha adiviña con ese personaxe.

Outro día, despois de facer o pictograma da adiviña, vestímonos de piratas (cuns panos que tiñamos no recanto dos disfraces, pintámonos uns parches nos ollos...) e ata fixemos os nosos propios loros.
 

 Así, quedaron as nosas adiviñas, que convertemos en pictogramas.

 Despois, fomos ás outras clases a representar a nosa adiviña, e... todos acertaron!!! mirade que ben o fixemos!!! Neste video estabamos ensaiando...
Que vos pareceu?
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor