BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

21/3/12

MANDALEANDO

En moitas ocasións vos falei do moito que me gustan os mandalas (e lémbrovos que nos enlaces da esquerda, tendes un montón de páxinas dende as que podedes descargar moreas deles). Dado que está comprobado o seu carácter terapeútico como ferramenta relaxanta, de concentración... aproveitamos a utilizalos na clase como un forma máis de ter un momento de tranquilidade (pois é necesario, de cando en vez, pararse e meterse nun mesmo a descansar e concentrarse). Cando os pintamos normalmente poñemos unha música relaxante, moi baixiña, de fondo. E ás veces, ata aromas para sentir máis sensacións que pode que ata nos fagan cambiar de idea sobre a cor que queremos utilizar, quen sabe! se nos ule a fresa, é moi probable que a man se nos vaia ao rosa ou ao vermello, e se ule a herba, ao verde... Non sempre é así, pero en moitas ocasións esas sensacións exteriores son moito máis poderosas do que nós pensamos, e influen en todo o que facemos. Mirade que chulis nos quedaron!



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor