BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

1/5/12

ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ESTIVEMOS FACENDO SOBRE A SABANA

Nestas semanas estivemos pescudando información sobre a sabana, a fauna, a flora, que é a sabana... e a modo resumo podemos dicirvos que se trata dun hábitat que non é o suficientemente seco para ser un deserto nin o suficientemente húmido para ser un bosque, por tanto, está entre ámbolos dous hábitats.
Existen un montón de especies animais na sabana, nós estamos centrándonos na africana (porque é onde está Marci) pero sabede que hai sabanas en máis partes do mundo. O que máis nos gusta da sabana africana é que hai unha morea de especies animais (cebras, xirafas, rinocerontes, elefantes, ñus, moitísimas especies de antílopes, leóns, guepardos, boitres, aguias...).
Estamos tentando saber moitas cousiñas deles, e facemos moitas pesquisas. Algunhas no EDI, outras nos libros da biblioteca do cole, outras nos libros da biblioteca de aula, e mesmo na casa (e logo traemos información). Despois de pescudar, aproveitamos para facer xogos, ou fichiñas relacionadas coas cousas que aprendemos.
Por exemplo, o outro día cada un debuxou aos seus animais favoritos da sabana (2 ou 3) e despois fixo a descripción de cada un (cantas patas teñen, que comen, como é a súa pel...)
Aquí podedes ver outras cousiñas que fixemos:



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor