7/4/10
"PRIMAVERIZAMOS O PATIO"
UNHA CAIXA MÁXICA... para xogar coa imaxinación!!!!
Hoxe na asemblea apareceu unha caixa máxica, sí, sí, máxica. Aparentemente era unha caixa de zapatos calquera, pero en realidade, era máxica porque nos fixo xogar coa imaxinación.

Nela había algo, porque cando a profe a movía, facía ruido, pero... non sabiamos que sería.Sara dixo que dentro ela cría que podí haber unhas bólas. E todos dixemos que podían ser, aínda que non o sabiamos seguro, así que... o primeiro que fixemos foi prepararnos para a actividade, poñendo os 5 sentidos alerta.
E así... co oído escoitábamos (e dicíamos que dentro había algo ruidoso), coa vista (imaxinábamos de que cor podía ser o que había dentro: algúns dicíamos algo pequeniño, outros algo verde, rosa, azul, gris, morado, laranxa...), co tacto (algúns pensabamos que as bólas poderían estar quentiñas, outros fresquiñas, uns dicían que picaban, outros que eran suaves...), co olfato (algúns diciamos que ulían a herba, outros a chocolate, outros a caca, outros a plátano...), e imaxinando co gusto (para algúns as bólas saberían a fresa, para outros a limón, e para moitos a chocolate).
Pero... a nosa caixiña tiña un buraquiño, así que... despois de imaxinarnos todo isto, decidimos mirar a ver se conseguiamos ver se era certo que había unhas bólas dentro, e cantas habería?
Algúns non conseguimos ver ninguna, María Lorenzo dixo que había 3, María Vicente dixo que había 4 e Candela e Alejandro dicían que había 5. Cando abrimos a caixa, sacamos unha por unha contando, e había 5!!!! e eran bólas!!!! pero unhas bólas moi raras, con caras.
Así que... despois aproveitamos e traballamos unha vez máis as expresións das emocións. Mirade que ven imitabamos as caras!!

SOPA DE COLORÍNS
2/4/10
30/3/10
29/3/10
IDEAS CREATIVAS PARA A PASCOA
27/3/10
MACEDONIA DE CONTOS
Hoxe, sábado, coma cada último de mes, houbo un contacontos na biblioteca do Rosal, e... a que non sabedes quen contou os contos? Mirade a foto e a ver se a coñecedes!!!! E... como podedes ver, tamén había algunha coñecida máis...
Tratouse dunha macedonia de contos, na que con axuda dos nen@s que alí estaban, falouse da Ratiña Fachendosa, da Ratiña Bibliotecaria, do Ratiño Pérez, dos Ratos de Campo e de Cidade, de Brancaneves e os sete ananiños, de Riciños de Ouro e os tres osos, dos Tres Porquiños, do Frautista de Hamelin... mais o conto estrela era o: EL PEZ ARCOIRIS.
Título: El Pez Arcoiris
ISBN: 978.84.488.2191.3
Autor e ilustrador: Pfister
Editorial: Ediciones Beascoa SA
Para iso, os nen@s tiveron que pasar unhas probas, facer un xogo para coñecer as normas da biblioteca, formar un puzle para saber que conto se ía ler... un montón de cousas!!!!
Xa sabedes!!! o último sábado de mes, toca ir á biblioteca, que sempre hai contacontos!!!!
Se premedes AQUI poderedes imprimir debuxos en branco e negro do conto, e así pintalo moi, moi chuli!!!!
Título: El Pez ArcoirisISBN: 978.84.488.2191.3
Autor e ilustrador: Pfister
Editorial: Ediciones Beascoa SA
Para iso, os nen@s tiveron que pasar unhas probas, facer un xogo para coñecer as normas da biblioteca, formar un puzle para saber que conto se ía ler... un montón de cousas!!!!
Xa sabedes!!! o último sábado de mes, toca ir á biblioteca, que sempre hai contacontos!!!!
Se premedes AQUI poderedes imprimir debuxos en branco e negro do conto, e así pintalo moi, moi chuli!!!!
26/3/10
24/3/10
MÁIS LIBRO-MURAIS PRIMAVERAIS
Pois sí, estes días estamos moi, moi atent@s na asemblea porque queremos ver os libriños dos nosos compis e escoitar as súas explicacións.
Hoxe recibimos as explicacións de tres libriños, pero tamén tiveron que voltar a posar para a foto os que o trouxeran onte, pois a cámara estaba sin tarxeta (e a profe non tiña o cable para descargalas).
Aquí podedes ver que chulada de cousas trouxeron!!!! e por suposto, moitísimas grazas ás familias por colaborar!!!

DEBUXOS CON FOTOCOPIAS MÁXICAS!!!
No cole, coa axuda de Moncho (un dos compañeiros de Fornelos), os profes do cole fixeron un obradoiro de "imprenta de xelatina", sí, sí, de xelatina!!!
É unha especie de fotocopiadora caseira, da que se poden sacar moitísima utilidade nos coles, en especial, nos que non teñen impresora ou fotocopiadora na aula (como é o noso).
Hoxe estreamos a nosa fotocopiadora caseira, e todos quedamos coa boca aberta (e se non o credes mirade as fotos, jejeje).
Para probala, e traballar en equipo ó mesmo tempo, fixemos un debuxo cooperativo. Como estamos a ver a través dos libro-murais primaverais cousiñas que cambian coa chegada da primavera, pois fixemos unha paisaxe primaveral cooperativa, de xeito que cada un ía engadindo un elemento (árbore, paxaro, bolboreta, herba, flores...)
Logo, dese debuxo cooperativo, que fixemos sobre "papel calco"saiu outro debuxo igual!!! puxémolo sobre a xelatina, e quedou maxicamente copiado alí, na xelatina, logo, fomos poñendo folios brancos e masaxeando sobre a xelatina, e alucinamos ó ver que saían máis e máis copias do noso debuxo cooperativo!!!
Así, aínda que o debuxo cooperativo o fixemos entre todos sobre un folio, ó final, cada un de nós nos puidemos levar á casa un copia, que antes xa coloreáramos.

POMPAS DE XABÓN
Onte, no patio, a profe tiña un "pompeiro" pequeno e púxose a facer pompas e máis pompas de xabón, e nós corríamos a buscalas para estoupalas.
Despois, aproveitando, que nos estaba gustando tanto ese xogo de estoupar pompiñas, tentamos facer un pompeiro xigante, para o cal, collimos un caldeiro (ó que lle botamos auga e xabón) e un colador. Probamos, pero co colador non saía nada, así que... decidimos probar cortando o colador (deixando só o plástico) e probar así, pois se parecía máis ó pompeiro pequeno. O certo é que ó principio nos era moi difícil coller as pompas, e máis aínda sopralas e que nos saisen redondiñas, pero pouco a pouco, todos (e tamén os compis maiores) probamos, e algúns xa lle imos collendo o truco, aínda que... é difícil!!!!!

22/3/10
LIBRO-MURAIS PRIMAVERAIS
Hoxe, xa se notaba no clima que por fin chegara a primavera, e nós levamos como tarefa para a casa traer ó longo desta semana un libro-mural cos cambios máis importantes que se producen na primavera, co clima, cos animais e plantas propios desta estación. E con moita creatividade, coas nosas familias, os imos elaborando.
Hoxe algúns xa trouxemos as nosos libriños, todos ben diferentes e creativos, e ensinámosllos ós nosos compañeiros, explicámoslle que había neles... e entre todos fomos aprendendo algunhas cousiñas, e ata limos!!!! sí, sí, limos porque María fixo un libro en pictogramas, e nós liamos os seus debuxos!!! tamén aprendimos con Adán os pasos a seguir para facer unha horta, vimos as roupas propias da estación co libriño de María, e aprendimos poesías co de Lara e o de Sara, e no de Yago vimos varios animais e flores na primavera.
O máis importante é que, nos gustou tanto, que na asemblea hoxe non falaba ninguén, todos queríamos ver o que nos explicaban os nosos compañeiros, e gozamos un montón vendo os libros tan grandes, e curiosos (algúns coas fotos dos protagonistas, outros con debuxos e texto, outros con diversas técnicas plásticas...)
Ó ser un material tan atractivo e gráfico, as aprendizaxes quedánsenos moi ben gravadiñas na testa!!!!

20/3/10
CHEGA A PRIMAVERA!!!
Cando voltemos ó cole o luns, xa será primavera!!!!Xa estes días podemos desfrutar dun patio cheo de margaridas, de mellor tempo... pero... xa veredes cantas cousiñas imos facer agora, que chega o bo tempo no xardín do patio!!!!
Estade atent@s!!! o noso patio vai sufrir unha grande transformación!!!!
Deixámosvos aquí algúns debuxiños primaverais por se alguén os quere utilizar.

E uns mandalas:

Tamén vos deixo algúns enlaces nos que podedes ver materiais relacionados coa primavera:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)