BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

16/5/12

CONTACONTOS DO COELLIÑO BRANCO

Esta semana os profes de infantil transformámonos en: formiga, cabra, boi, can, coello... para poder facer unha representación do conto "O coelliño branco". Saiu bastante ben, pois aos nen@s lles encantou, así que... probablemente repitamos, aínda que con outro conto, claro. E pode haber sorpresas, así que... estade ben atent@s!!! Aquí vos amosamos un chisquiño da obra.


 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Xa sabedes que este ano o 17 de maio, día das Letras Galegas, se adica a Valentín Paz Andrade. No colexio fixemos algunhas actividades para conmemorar este día.
Fomos ao Teatro a ver un recital poético dos nenos e nenas de 3º ciclo.


Fixemos o noso propio recital poético, no patio infantil, tódalas clases do noso ciclo.

Nós colaboramos tamén realizando parte do decorado:

Elaboramos tamén un mural colectivo (tódalas clases de infantil) no que se recollían as nosas poesías adornadas en función da temática traballada polo autor.

 Esta parte corresponde ao noso traballo:
Xa que nos tocou facer a poesía da flauta de Bernardino, adicada ao mundo do pastoreo.
Para a nosa actuación fixemos as nosas propias flautas, e tamén un poster xigante para que os nosos compis o puideran ver, e algúns ata ler!!!
 Que vos pareceu?
 

1/5/12

OS ANIVERSARIOS DE ABRIL

Aquí están os cumpreañeiros do mes de abril, que xa teñen 5 aniños, e estaban así de ledos antes de comezar a entrega de agasaios, e a presentación de tódolos cumpreañeiros e cumpreañeiras de infantil.
 
  Parabéns peques!!!

O DÍA DO LIBRO

No cole o 23 de abril, festexamos o día do Libro. Para iso, houbo varias actividades programadas de antemán: - Traballo de cada clase do colexio (infantil e primaria)sobre un capítulo da obra de Cervantes "El Quijote". - Preparación en infantil dos personaxes para o noso cortizo. - Preparación en infantil dun "troco de libros" para nen@s, familias e prof@s. - Exposición final dos libros feitos de cada capítulo da obra, por tódalas aulas.
Adiantámosvos aquí como fomos preparando o noso mural:
 Aquí podedes ver como traballamos sobre o capítulo que a nós nos tocara "El encantamiento de Don Quijote":
E como nos quedou ao final o noso libriño:

 Aquí podedes ver como nos quedou o mural e como fixemos o troco de libros:
 

E finalmente, a exposición que está na entrada do cole:




 

VISITAS DOS MAIORES PARA LERNOS CONTOS

Xa sabiades da noso gusto exquisito dos contos e das lecturas compartidas. Sabiades tamén que as familias xa viñeron en moitas ocasións a deleitarnos coas súas lecturas, tamén entre nós (por parellas, en pequenos grupos...) compartimos lecturas... pero agora a novidade é que os nenos e nenas maiores (os de Primaria) veñen a contarnos contos tamén. De momento viñeron dúas clases a facer as súas lecturas (reparten a súa clase en seis grupos, e veñen contos distintos contos a cada unha das seis aulas que temos de infantil). Aquí podedes ver un exemplo, da primeira actuación contacontos que tivemos dos nenos da clase de Margarita. Como non, aproveitamos os nosos sombreiros para "metelos en materia" e que os nervos se disipasen por aí.
 Ao rematar cada un recibiu unha merecidísima medalla, pola nosa parte.


ALGUNHAS COUSIÑAS QUE ESTIVEMOS FACENDO SOBRE A SABANA

Nestas semanas estivemos pescudando información sobre a sabana, a fauna, a flora, que é a sabana... e a modo resumo podemos dicirvos que se trata dun hábitat que non é o suficientemente seco para ser un deserto nin o suficientemente húmido para ser un bosque, por tanto, está entre ámbolos dous hábitats.
Existen un montón de especies animais na sabana, nós estamos centrándonos na africana (porque é onde está Marci) pero sabede que hai sabanas en máis partes do mundo. O que máis nos gusta da sabana africana é que hai unha morea de especies animais (cebras, xirafas, rinocerontes, elefantes, ñus, moitísimas especies de antílopes, leóns, guepardos, boitres, aguias...).
Estamos tentando saber moitas cousiñas deles, e facemos moitas pesquisas. Algunhas no EDI, outras nos libros da biblioteca do cole, outras nos libros da biblioteca de aula, e mesmo na casa (e logo traemos información). Despois de pescudar, aproveitamos para facer xogos, ou fichiñas relacionadas coas cousas que aprendemos.
Por exemplo, o outro día cada un debuxou aos seus animais favoritos da sabana (2 ou 3) e despois fixo a descripción de cada un (cantas patas teñen, que comen, como é a súa pel...)
Aquí podedes ver outras cousiñas que fixemos:



 

15/4/12

"DON QUIJOTE"

Esqueceusenos contarvos que estamos traballando sobre a famosa historia de Cervantes "Don Quijote de La Mancha". Para conmemorar o 23 de abril o día do Libro estamos a preparar unha actividade moi chuli, da ue xa vos manteremos informados. De momento deixámonosvos aquí un vídeo coa canción e os personaxes da obra para que os nenos e nenas se vaian familiarizando con eles. Vale?

13/4/12

MARCI ESTÁ NA SABANA AFRICANA

Volvimos a recibir novas de Marci, que non para de viaxar e esta vez parece ser que está na SABANA AFRICANA. Xa sabedes que temos que axudarlle a aprender cousiñas dese lugar, así que... calquera información que lle aportedes aos nen@s respecto do tema, será seguro un tesouro a compartir, para eles. As asembleas cando traen información sobre os temas que estamos a tratar son moi interesantes para todos, e moi moi importantes para os protagonistas que nos comparten as súas pesquisas. Axúdadelles nas súas aprendizaxes!!!! Esta foi a carta que nos enviou Marci:

 

A HORTA E OS ESPANTALLOS

Dende que estamos indo ao invernadoiro xurdíronnos algunhas cousiñas interesantes, por exemplo, que como hai unha pequena parte aberta nel, nos poden entrar os paxaros e comer as sementes. Pero os peques, que teñen solución para todo, dixeron que poderíamos facer un espantallo e así xa non habería problema. Entre todos foron dicindo que cousas precisabamos, e me parece que en canto pare de chover nos poñeremos mans á obra e iremos a traballar a nosa hortiña en condicións. Sabemos que para o espentallo precisamos: - roupa vella - palla - paus - unha cenoria para o nariz (algún debeuse lembrar dos bonecos de neve, pero sería factible tamén) ... Así que, cada un fixo o seu proxecto de como podería ser o espantallo, e mirade que cousas sairon:

Podedes traernos todo tipo de información relacionada coa horta, e se nos podedes mandar sementes ou algunha cousiña que nos poda servir para as nosas labouras agrícolas, xa sabedes que serán ben recibidas!
 

FICHEANDO CON TATUS

Ultimamente cando traballamos sobre papel facémolo sobre folio en branco e nós imos facendo as composicións que nos interesan pegando textos, letras, números, facendo debuxos... de cada vez, segundo nos conveña nese intre. Un material que comezamos a utilizar neste curso e que nos encanta son os tatus. mirade como traballamos algunhas cousas (todos por igual, para facer o traballo xuntos no inicio da tarefa) e logo outras segundo os intereses de cada quen.



 

FAMILIAS CONTACONTOS...

E seguimos con historias contadas polas familias. Historias de todo tipo: contos popukares, historias inventadas, contos da biblioteca municipal, contos que levan 30 anos nas casas gardados como verdadeiros tesouros... hai historias de tódolos tipos e para todo tipo de lectores, por iso non hai disculpa para que leamos moito, e contemos moitos, moitos contos. Aquí vai un recordo a esas historias que foron contadas neste último mes na nosa clase:


Como podedes ver, algunha repetiu e para diferenciar xa cambiou o primeiro gorro contacontos pola "pamela dos encargados/as". Que farán os próximos que repitan? Que gorro preferirán?

XOGANDO COA XEOMETRÍA

Sabiades que os peques estamos a estudar xeometría? Pois sí, sí. Pero non vos asustedes que non é para tanto, pois o que facemos e xogar para descubrir que as cousas teñen formas, formas xeométricas, en moitos casos. Así que... sinxelamente estamos aprendendo cousiñas das figuras xeométricas a partir das nosas experiencias xogando con elas.





Estes son algúns exemplos dos resultados:


Na casa tamén podedes probar a facer este xogo, pois seguro que tedes moitos materiais para poder facelo: moedas, caixas de distintos tamaños, caixas redondas dos queixiños, por exemplo...E, como non, tamén podedes xogar con regras, transportadores de ángulos. Unha vez familiarizados coas figuras toca o momento de amosar a creatividade, e como? pois facendo debuxos que estén formados por figuras xeométricas. Por exemplo... TENTADE FACER UNHA CASA, UNHA ÁRBORE, UN COCHE...Teñen algo en común?

(Con esta actividade tivemos que estar moi concentrados, posto que tiñamos que suxeitar ben as figuras para poder bordealas cos rotus, traballamos vocabulario propio do tema posto que estabamos en distintas mesas e con materiais diferentes en cada un, e cada vez que precisabamos unha peza determinada tiñamos que pedirlla aos compañeiros do equipo correspondende, etc. Pasámolo xenial!)
 
 
poemas de amor