BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

27/4/10

XOGAMOS COS ANIMAIS

Hoxe, na asemblea, estivemos xogando cun memori-quebracabezas de animais, eran animais e as súas crías. As crías estaban en pezas pequenas, e as súas mamás en pezas grandes. Así que... puxemos todas cara abaixo, e fomos levantando en orde, dúas pezas de cada vez, unha grande e unha pequena, para emparellar ben os animais.
Algúns atopamos ata catro parellas seguidas!!!Tamén, despois de estar falando un pouquiño dos animais e as súas crías... a profe presentou un novo xogo, cunhas mascotas que estarán na nosa clase, e ás que lle teríamos que dar de comer. Tratábase do crocodilo come números, e do león come palabras. Así que... durante a mañá estivemos traballando por recunchos, e mentres uns facían unha ficha... outros facían os seus caligramas, outros mandalas... e outros, dábanlle de comer a estes animais a súa comida favorita. Mirade que cara de fame teñen!!!

OS BONECOS SACAPENAS

Ó fin rematamos os nosos bonecos sacapenas... que vos parecen? Agora están presidindo a nosa clase, e cando algo nos de medo, xa sabedes, contarémosllo a eles para que nos garden os medos. Así nos faremos máis valentes!!!

26/4/10

AS MASCOTAS DOS CONTOS

Xa vos falamos noutra ocasión do libro "Cuentos para portarse bien en el colegio" de Jesús Jarque. O libro estáse utilizando como ferramenta de animación á lectura, e para traballar o comportamento. Estes contos son curtiños e teñen unha moralexa moi, moi sinxela, para os nenos/as. O personaxe principal é sempre un animal, e nós estivemos facendo con cada conto e a profe Fany, a mascota, e así, temos de referencia na aula, os personaxes, e lembrámonos das súas moralexas para portarnos ben. Mirade que chulis!!!

O NOSO CONTO COOPERATIVO PARA O GT BENCLALU


SORPRESA NO PATIO!!!

Hoxe, os nosos compis, os maiores, da outra clase, descubriron un tesouro nunha árbore: era un niño de paxaros!!!
Como estaba nunha árbore, moi alta, a profe tivo que coller unha escaleira para poder subir e mirar se había algún ovo. Non había nada, pero... o que fixemos, e esperamos que os paxaros non se enfaden con nós, foi levar o niño para outra árbore máis pequeniña e baixiña, pois así poderemos estar atentos a todo o que alí aconteza.
Mirade o niño:

RECUNCHO DE MANDALAS

Neste mes, na aula, hai un recuncho temporal, no que podemos ir a decorar mandalas libremente. Xa fomos moitos os que pasamos por el, e imos decorando a clase con eles.
De fondo, soemos poñer música relaxante, e así, ademais de axudarnos a traballar mellor, estamos moito máis tranquiliñ@s.

CALI...QUE?????

Hoxe, na asemblea estivemos vendo no ordenador portátil o debuxiño do sol que hai na entrada anterior. A profe preguntounos que era iso? e algúns dixemos que era un sol, outros que eran letras, outros que eran letras con forma de sol, e outros que ese sol de letras debería significar algo (un xeroglífico, entón?)...
A profe explicounos que se podía debuxar con letras e palabras todo o que quixeramos, e que iso se chamaba CALIGRAMA, e normalmente se utiliza para representar poesías visuais, e todos amosamos interese en ver máis debuxos feitos con letras.Amosounos un montón, e todos íamos dicindo que víamos no debuxo, e agora temos a clase chea de caligramas, pero non só os que nos ensinou a profe, senón tamén os nosos.Aproveitamos que había moita luz,puxémonos nas fiestras, e utilizamos unha prantilla cun sol debaixo dun folio branco, e nós, en lugar de calcar o sol, o que fixemos foi escribir, ó noso antollo, letras sobre o debuxo. O resultado foi espectacular!!! Que vos parece?

24/4/10

FACÉMONOS MAIORES!!!

Hoxe festexamos o cumpreanos de Sara, que este mes cumpriu 5 anos, e tamén o de Alba, que aínda que xa ten 4 anos dende o mes pasado, como estivo moi enfermiña e faltou varias semanas, tivo que pospoñerse o festexo do seu cumpre, que aproveitamos para facer hoxe co de Sara, posto que o próximo venres, imos de excursión!!!!
Mirade que guapísimas están as cumpreañeiras coas súas coroas...E como lles cantamos o "Cumpreanos Feliz"...


E o postre, por suposto, foi feito por nós!!!

21/4/10

RELAXÁMONOS

Despois de moita actividade na clase, merecíamos un descanso, e fixemos unhas actividades de relaxación que nos encantaron.
Primeiro relaxámonos poñéndonos cómodos, e escoitando a música...



E despois, desfrutamos dos masaxes dos globos (actividade recomendable para tódalas idades).



E para entrar máis na materia, a parte da luz apagada, e a música de fondo, tiñamos incienso...

PINTAMOS CON PUNTIÑOS

Hoxe un dos traballos feitos en papel foi darlle cor a unhas flores utilizando rotulares, pero non para pintar como facemos normalmente, senón facendo só puntiños. Cada un, pintou de distintas cores, segundo nos gustaba máis, e logo, a profe, nos dixo ós maiores que escribíramos as partes do debuxo.Antes a profe nos ía dicindo as letras para que nós nos fosemos familiarizando cos sons dos dintintos fonemas, pero agora xa sabemos nós sós.
Iso sí, cada un está nunha fase distinta no proceso escritor (algúns poñemos só as vocais, outros xa metemos algunha consontante...) Pero... cada un de nós seguimos o noso propio ritmo, e estas actividades dinnos que estamos no camiño de conseguir un bó proceso escritor.
Logo, a profe escribe entre paréntese a palabra con tódalas letras, por se se nos esqueceu algunha). Na casa podedes animarnos a facer este tipo de actividades cando debuxamos, facer a lista da compra... (pero atent@s case todos escribimos só coas vogais das sílabas que nos digades, ás veces tan poñemos algunha consoante, pero... non é un erro, estamos nesa etapa)

EXPOSICIÓN ITINERANTE DE LIBROS DO MUNDO

Na biblioteca do noso cole, que está na sede de Pías, hai unha ampla colección de libros do mundo, nin máis nin menos que 91 exemplares de contos en diversos idiomas (húngaro, alemán, portugués, francés, checo...) e que chegaron dende os mesmos os lugares de onde procede esa lingua.
Este mes, o día 23, é o día do Libro, e no noso cole, decidimos que unha das actividades para festexar este día, sería facer unha Exposición (itinerante por tódalas escolas) destes Libros do Mundo.Hoxe, estreamos nós, a actividade, expoñendo os libros na entrada da escola. Ademais, despois do recreo, fomos a visitar a exposición, e a profe ía collendo varios de cada vez e nós ía preguntando se sabíamos que contos eran (pois algúns eran coñecidos como o de Pinocho, Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella...), ou tamén nos dicía: De que falará este conto? (con só ver as imaxes) e ata nos leu os principios dos contos nos distintos idiomas, xa vimos que hai algúns moi, moi, moi difíciles!!!!
Ó final, cada un escolleu un libro e o mirou na asemblea.
Mañá o próximo destino desta exposición será a Escola de Tabagón.

17/4/10

PRACTICAMOS A CREAR COAS TESOIRAS?

Estes días, no cole, traballamos moito coas tesoiras, e xa os pequenos sabemos recortar moi ben, por iso... poderíamos practicar un pouquiño máis na casa facendo creacións de tarxetas, manteis... ou o que queiramos, utilizando estas láminas de flores. Axudádesnos a facelo? Moitas grazas!!

14/4/10

CAMBIAMOS PERSONAXES DE CANCIÓNS

Unha das actividades propostas para esta semana na nosa bitácora cooperativa BENCLALU era cambiarlle datos á canción de "Hola Don Pepito". Mirade o que nos saiu:



Hola don Pepín
hola doña Raquel
pasó usted por el cole?
por el cole yo pasé!
vió usted a la profe
a la profe yo la vi.
Adiós don Pepín
Adiós doña Raquel.

CORREO POSTAL CUNHA GRANDE SORPRESA!!

O martes recibimos correo dos nosos amiguiños de Oviedo, que sempre non mandan unhas cartas cunhas cousas chulísimas!!!!
Esta vez a sorpresa foi xigante!!! Mandáronnos un libro moi chulo que fala sobre as cores, e as mistura con poesías e obras de arte.A todos nos encantou o libro, e xa comezamos a traballar con él, recitando as poesías...
Pero ademais para celebrar que neste mes, se celebra o día do libro, mandáronnos uns marcapáxinas chulísimos de moitísimas cores!!!!

Autoras: María Rosa Serdio y Ester Sánchez
ISBN: 978-84-937325-7-8
Editorial: Pintar pintar

Escoitade por exemplo a poesía da cor gris...



FLORES CON VASOS???

O martes no patio, aroveitamos un anaquiño para sacar as cousas da clase (unha mesa e uns cantos materiais) e fixemos un pequeno obradoiro de manualidades. Construimos flores con vasos de plástico e confeti, están quedando moi chulis!!! cando teñamos todas feitas e decorada a entrada do cole ensinámovoslas, vale?
De momento, facédevos unha idea de como serán...

Materiais:
- vasos de plastico
- depresor
- confeti
- gomets ou fixo
- pegamento

12/4/10

SACAPENAS

Hoxe, os trasnos deixáronnos unha sorpresa na "maleta máxica", era un conto, o conto de SACAPENAS.
Autor:Anthony Browne Editorial: Kalandraka ISBN:9788484645856

Límolo, contamos cousas que nos preocupaban, e vimos como Bieito eliminara os seus medos e preocupacións, a través da figura dos sacapenas (uns bonequiños).
Nesta foto estamos rebuscando os nosos medos...
E decidímos que nós tamén queríamos eliminar os nosos medos e preocupacións, e demos varias posibles solucións: chamar a papa e a mamá, meternos debaixo dunha manta quentiña, coller as preocupacións e tiralas á basura... e ata dixemos que tamén nós poderíamos facer uns sacapenas, así que... puxémonos mans á obra.
Primeiro cada un debuxou o seu sacapenas, co que fixemos un mural.
E ademais, estamos facendo uns sacapenas colectivos que teremos na clase para que gardes os nosos medos. Aínda non están rematados, eh!!!
E estámolos pintando con témpera misturada con area, de momento, logo a ver que se nos ocorre para decorar os seus traxes.


11/4/10

FACEMOS MOSAICOS?

Premede na imaxe e poderedes facer os vosos propios mosaicos, combinando pezas de distintas cores.
 
poemas de amor