BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

28/3/12

IDEIÑAS DE MANUALIDADES PRIMAVERALES

Estiven buscando algunhas ideas para facer nestes días cos peques, e atopei algunhas na rede que seguro vos serven para facer nas vosas casas, ou nas vosas clases. Mirade algunhas:






QUEREDES FACER O VOSO PROPIO RELOXO DA PRIMAVERA?

Aquí tedes un. Agora só queda decoralo, montalo cun encadernador, e logo... a practicar as horas. Pode ser divertido!!! Ademais, fixeime en que nestes días moitos peques traen reloxo, pero... cando lles pregunto que hora é... loxicamente non o saben (máis que nada porque son de agullas). se foran dixitais sería moi sinxelo para eles dicirnos que hora é.

 

21/3/12

FOI A SEMANA DA PRENSA

Na Semana da Prensa, repartímonos tarefas entre as distintas clases de infantil para crear o noso propio Xornal Xigante. A nós tocounos facer a sección de pasatempos. Aquí podedes ver os nosos xogos de búsqueda de erros, os encrucillados, etc.


Quen se atreve a descrubir os erros? Que cousiñas desapareceron nos debuxos de abaixo?
 


UNHA PIRAÑA NA NOSA CLASE

Sí, sí, é certo!!! Tivemos unha piraña na nosa clase. E non foi casualidade, senón que investigando cousiñas sobre a Selva A mazónica, descubrimos que alí hai moitísimas pirañas. Vímolo no EDI da biblio, e despois atopámonos cunha na nosa clase, porque a profe Susi nos trouxo unha que tiña ela na súa casa. Gustounos moito, sobre todo probar a meterlle os dedos nos dentes e saber que non nos podía morder!!!  
Na imaxe parece que se esta sinalando ao peixe de abaixo como piraña, pero que quede claro que é o de arriba da esquerda, o que pasa é que estabamos dicindo os nomes de tódolos peixes que sabiamos. 

TRUQUIS PARA APRENDER A DEBUXAR

Son moitos os xeitos de debuxar, e cadaquén ten o seu propio estilo, pero... para quen teña certas dificultades para facelo, ou para facer os debuxos completos, temos algúns truquiños. No recanto de plástica, temos plastificadas unhas plantillas coas que podemos ver os pasos necesarios para facer algunhas figuras típicas dos debuxos infantís (coches, casas, flores, algúns animais, príncipes e princesas...). Non sempre os utilizaremos porque nos gusta debuxar libremente, sen copiar, pero ás veces é bo que teñamos certas referencias, sobre todo, para facer os obxectos debuxados completos. Por exemplo, ao mellor debuxamos un coche e vénse claramente as rodas, pero esquecémonos de facerlle as ventaniñas... Mirade os nosos truquis:

Para familiarizarnos con estes novos materiais fixemos un xogo, e puxémonos por parellas compartindo unha tarxetiña, e fixándonos que os compañeiros non se esqueceran de facer nada do seu debuxo, ao rematar os dous membros da parella os debuxos, intercambiabamos a tarxeta con outra parella, así ata que fixemos todas.

UBICÁNDONOS NOS PLANOS

Estivemos traballando o mundo matemático a través de diferentes materiais contextualizados da nosa vida diaria, un deles, foi traballar a nosa ubicación nos planos (da aula, do patio, da aula respecto ao patio). O certo é que nos orientamos mellor do que nos parecía nun principio, cando non tiñamos moi claro se esa "especie de mapa" servía para algo ou non.

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O pasado 8 de marzo, conmemorouse o día da Muller Traballadora, e que mellor xeito de facelo que vendo no EDI da biblio, o conto de "EL PRÍNCIPE CENICIENTO".

MARCI ESTÁ NA SELVA AMAZÓNICA

O martes recibimos novas de Marci, e cremos que desta vez está na selva, e máis concretamente, na selva amazónica.


 

MANDALEANDO

En moitas ocasións vos falei do moito que me gustan os mandalas (e lémbrovos que nos enlaces da esquerda, tendes un montón de páxinas dende as que podedes descargar moreas deles). Dado que está comprobado o seu carácter terapeútico como ferramenta relaxanta, de concentración... aproveitamos a utilizalos na clase como un forma máis de ter un momento de tranquilidade (pois é necesario, de cando en vez, pararse e meterse nun mesmo a descansar e concentrarse). Cando os pintamos normalmente poñemos unha música relaxante, moi baixiña, de fondo. E ás veces, ata aromas para sentir máis sensacións que pode que ata nos fagan cambiar de idea sobre a cor que queremos utilizar, quen sabe! se nos ule a fresa, é moi probable que a man se nos vaia ao rosa ou ao vermello, e se ule a herba, ao verde... Non sempre é así, pero en moitas ocasións esas sensacións exteriores son moito máis poderosas do que nós pensamos, e influen en todo o que facemos. Mirade que chulis nos quedaron!



  

XARDINEANDO

Estes días estivemos xardineando un montón.Fixemos sementeiros de cenorias e cabaciñas na nosa clase, fixemos limpieza no invernadoiro antes de plantar, e imos de cando en vez a regar.



 

5/3/12

AUTO-FICHAS

Na clase temos algúns modelos de fichas case en branco, para que sexa cada neno ou nena o que a personalice ao seu gusto. Así por exemplo, mentres uns deciden pegar letras e a partir delas escribir palabras que comezan por esa letra, outros pegan números e debuxan tantos como marca o cardinal que pegaron. Nestas fichas non hai xeito de copiar aos veciños, e cando o fan, dánse conta de que non serve para moito, pois cada un colle números ou letras diferentes. Estas fichas, están nos recantos, e así, libremente poden ir facendo os seus propios exercicios, aínda que para iso, previamente, temos que darlles algunhas ideas, claro. Hoxe, por exemplo, xurdiron cousas así:


 Deste xeito, cada un debuxa o que quere, pode escribir despois, se quere, cada un debuxará máis ou menos cousas segundo os números escollidos, etc.
 

INVENTANDO CONTIÑOS CON NOVAS TÉCNICAS

Hoxe, na "Hora de Ler" aproveitamos a inventar un contiño, que logo elaboraremos en formato conto, para ter dispoñible na nosa biblioteca. Para iso, previamente, falamos de como poden comezar os contos, como poden rematar... e ademais das fórmulas que dicían os peques, a profe tiña preparadas unhas tarxetiñas onde se podían ler gran variedade de posibilidades para inicios e finais de contos.
Ademais, utilizamos unhas tarxetas con distintos personaxes e obxectos.
Así, collendo unha tarxetiña de cada cor (inicios, personaxes e obxectos, e finais) comezamos a inventar a nosa historia, que rematou, como non, cun final feliz. 
 Estas tres foron as tarxetas elixidas polos encargad@s do día:
Como podedes ver, tiñamos que meter na historia o inicio e final que aparecen nas tarxetas, e a figura dun zapateiro como personaxe, unha caixa, uns botóns, un pozo  e un coche. Como estamos acostumados a inventar historias, resultounos moi sinxelo.
Nestes días, iremos creando a historia en formato conto, e xa vo-lo ensinamos.
 

4/3/12

TRABALLANDO CON PLANOS

Estamos a comezar con outro materia moi importante dentro do mundo matemático: OS PLANOS. Comezamos cun sinxelo plano da nosa aula, e seguiremos co do patio, da planta de infantil... e quen sabe se chegamos a traballar sobre o do cole. De momento, queremos comezar a ubicarnos no plano buscando algún elemento de referencia, para poder ir así ubicando tódolos espazos que contén. Traballamos primeiro a nivel oral, vendo o material e dicindo que podería ser ese papel (mapas, casas...), ubicando a porta da entrada cunha flechiña que hai no propio plano... e a partir desa porta de entrada, fomos facendo unha viaxe pola aula, a través do propio plano. E así, fomos localizando os diferentes recunchos da aula. Para traballar despois individualmente utilizamos dúas lendas: unha de cores (para ir ubicando en orde os espazos) e outra numérica (para escribir o nome correspondente a cada estancia da aula). Así nos quedaron.

Que como podedes ver, reflicten que o recunchos son:
1: biblioteca
2: matemáticas
3: ordenador
4: super
5: plástica

 

OS NOSOS TATUS TRIUNFAN NA CLASE

Agora que xa lle dimos un novo uso ao montón de tapas que tiñamos para xogar, e coas que imos inventando sempre novos xogos... cada un quere poñer tatus nos seus debuxos. O certo é que queda moi ben a combinación das dúas cousas, e ademais, algúns poden servir para complementar moi ben as nosas obras: - Tato dunha flor (que poden completar facéndolle o talo e as follas...) - Tatu de raiñas (que pode valer para similar a choiva, ou mesmo para facerlle as listas a unha cebra...) - Tatu de triangulos (pode similar pirámides, montañas...)
 Xa vos animastes a facer os vosos?
 

1/3/12

HOXE PROBAMOS A FACER OS NOSOS PROPIOS "TATUS"

Onte ensinámosvos como utilizamos eses "tatus" que tanto nos gusta levar de premio (tatuados nas mans)como parte das nosas actividades plásticas. Hoxe decidimos probar a facer os nosos propios, e mirade o resultado! Hoxe estivemos só a probar, e a profe axudou moito, pero a partir de agora, serán todos de creación propia dos nenos e nenas da clase.
 QUE NECESITAMOS?
 - Goma eva
 - Tesoiras
 - Silicona fría
- Tapas de plástico 
 A partir disto, imaxinación ao poder, e tod@s a crear!!!
 
 
poemas de amor