BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta MUNDO MATEMÁTICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MUNDO MATEMÁTICO. Mostrar todas las entradas

13/4/12

XOGANDO COA XEOMETRÍA

Sabiades que os peques estamos a estudar xeometría? Pois sí, sí. Pero non vos asustedes que non é para tanto, pois o que facemos e xogar para descubrir que as cousas teñen formas, formas xeométricas, en moitos casos. Así que... sinxelamente estamos aprendendo cousiñas das figuras xeométricas a partir das nosas experiencias xogando con elas.





Estes son algúns exemplos dos resultados:


Na casa tamén podedes probar a facer este xogo, pois seguro que tedes moitos materiais para poder facelo: moedas, caixas de distintos tamaños, caixas redondas dos queixiños, por exemplo...E, como non, tamén podedes xogar con regras, transportadores de ángulos. Unha vez familiarizados coas figuras toca o momento de amosar a creatividade, e como? pois facendo debuxos que estén formados por figuras xeométricas. Por exemplo... TENTADE FACER UNHA CASA, UNHA ÁRBORE, UN COCHE...Teñen algo en común?

(Con esta actividade tivemos que estar moi concentrados, posto que tiñamos que suxeitar ben as figuras para poder bordealas cos rotus, traballamos vocabulario propio do tema posto que estabamos en distintas mesas e con materiais diferentes en cada un, e cada vez que precisabamos unha peza determinada tiñamos que pedirlla aos compañeiros do equipo correspondende, etc. Pasámolo xenial!)
 

28/3/12

QUEREDES FACER O VOSO PROPIO RELOXO DA PRIMAVERA?

Aquí tedes un. Agora só queda decoralo, montalo cun encadernador, e logo... a practicar as horas. Pode ser divertido!!! Ademais, fixeime en que nestes días moitos peques traen reloxo, pero... cando lles pregunto que hora é... loxicamente non o saben (máis que nada porque son de agullas). se foran dixitais sería moi sinxelo para eles dicirnos que hora é.

 

21/3/12

UBICÁNDONOS NOS PLANOS

Estivemos traballando o mundo matemático a través de diferentes materiais contextualizados da nosa vida diaria, un deles, foi traballar a nosa ubicación nos planos (da aula, do patio, da aula respecto ao patio). O certo é que nos orientamos mellor do que nos parecía nun principio, cando non tiñamos moi claro se esa "especie de mapa" servía para algo ou non.

 

4/3/12

TRABALLANDO CON PLANOS

Estamos a comezar con outro materia moi importante dentro do mundo matemático: OS PLANOS. Comezamos cun sinxelo plano da nosa aula, e seguiremos co do patio, da planta de infantil... e quen sabe se chegamos a traballar sobre o do cole. De momento, queremos comezar a ubicarnos no plano buscando algún elemento de referencia, para poder ir así ubicando tódolos espazos que contén. Traballamos primeiro a nivel oral, vendo o material e dicindo que podería ser ese papel (mapas, casas...), ubicando a porta da entrada cunha flechiña que hai no propio plano... e a partir desa porta de entrada, fomos facendo unha viaxe pola aula, a través do propio plano. E así, fomos localizando os diferentes recunchos da aula. Para traballar despois individualmente utilizamos dúas lendas: unha de cores (para ir ubicando en orde os espazos) e outra numérica (para escribir o nome correspondente a cada estancia da aula). Así nos quedaron.

Que como podedes ver, reflicten que o recunchos son:
1: biblioteca
2: matemáticas
3: ordenador
4: super
5: plástica

 

6/2/12

OS NOSOS INVENTARIOS REMATADOS

Os venres, adicámonos de xeito máis específico ao mundo matemático(aínda que sempre traballamos tódalas áreas globalizadamente). Estes días atrais estivemos cos xogos de dados, chapas... e tamén facendo inventarios (nos que non só traballamos o conteo de cousas, e a súa numeración, senón tamén a lectoescritura, o coñecemento do contorno...). Agora xa rematamos os nosos inventarios (nos que traballamos con cousas da casa, da nosa clase, das aulas de infantil, do patio...) e moi pronto comezaremos a traballar con algo, co que traballan os piratas!!! sabedes que pode ser? Mirade como traballamos en facer as portadas aos nosos inventarios!!!
 Quedaron moi chulis!!
Grampamos tódalas follas, puxemos a porta e a contraportada e os nosos inventarios xa están listos!!!

30/1/12

FACENDO INVENTARIOS

Levamos uns días traballando cos "inventarios", sí, sí, cos inventarios. Estamos inventariando: cousas que temos na clase, na casa, nenos e nenas que hai nas diferentes aulas, cousas que hai no patio... Así que para facer certos inventarios, temos que sair da nosa aula e pescudar. Así por exemplo, o venres fomos polas clases, tentando averiguar cantos nenos e nenas había nas clases, sen que nos dixeran os profes o número. E... que fixemos? ir aos paneis da asemblea (casiña e escola) e contar os que había en total. Así foi como descubrimos todas as cousas que estamos inventariando, CONTANDO.


 Non nos criades, verdade? Pois xa vedes que sí, sabemos facer inventarios.

16/1/12

XOGAMOS AO BINGO!!!

Hoxe, moitos compis deberon estar enfermiños pois só viñemos 7 ao cole.
Nós aproveitamos como cada luns o tempo para ir facendo o noso diario da fin de semana, e tamén aproveitamos a xogar en grupo cun novo xogo que a partir de hoxe estará no recanto matemático: o bingo. Pois sí, hoxe repatimos cartóns, xiramos o bombo, sacamos as bolas, e "lendo os números" (sabendo cal ía primeiro, cal despois...) iamos cumplimentando o noso cartón. Logo miramos cantos números premiados tiñamos cada un, e por último o plasmamos no papel (cada un os seus acertos particulares). Pasámolo moi ben, e agora, cando vaiamos ao recanto matemático xa temos un novo xogo co que aprender un montón de cousas, sobre todo... números!!!!



 

14/1/12

ACHEGAMENTO MATEMÁTICO!!!!




Así, con este material tan cotiá como son as tapas das botellas, estamos achegándonos ao concepto de número: clasificando, seriando, sumando, comparando... E tamén estamos utilizando etiquetas da roupa para achegarnos ao mundo dos números. Nelas hai números pero que significan cousas diferentes: pode ser o prezo, a talla, unha referencia, o código de barras... Xa sabemos que estos últimos son os culpables dos piiiii á hora de facer a compra e que os caixeir@s nos pasen os produtos pola caixa. Xogamos a buscar códigos de barras!!!! 


 Así aprendemos o valor dos números en cada situación, e nos achegamos a eles dun xeito máis motivador.
Neste trimestre imos incorporar moitos materiais novos aos nosos recunchos, sobre todo ao dos oficios (xogo simbólico) e ao matemático.
Así, agora no supermercado temos máis cartos para poder xogar a facer compras, temos carteis cos prezos, temos tickets...
E no de matemáticas, ademais do novo material que xa vimos temos xogos como: barallas (coas que xa xogamos e coñecemos as súas cartas, o seu valor, e fixemos clasificacións por paus, e tamén ordenacións ascendentes...) e logo traballar sobre o papel.



E tamén xogos de dados (cos que estamos identificando os número co valor que neles se indica a través dos puntiños (fixemos sumas, anotamos as nosas tiradas...)





 Imolo pasar xenial adentrándonos no mundo matemático, seguídenos!!!
 
poemas de amor