BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

31/10/10

SAMAÍN PARA COLOREAR... E MANUALIDADES...

Aquí vos deixo algúns debuxiños para imprimir e colorear...







E aquí vos deixamos enlaces onde atopar ideas para facer na casa, ou nas vosas escolas:
Premede AQUÍ e AQUÍ.

UNHA CANCIÓN QUE ESTAMOS APRENDENDO...

QUEN COÑECE A MARGARITA?

O venres fomos xunto coa clase de Ana á biblioteca para ver un vídeo no EDI (encerado dixital interactivo) mentres os demais compañeiros/as tamén vían ese video nas súas aulas.
Resulta que hai uns días que temos un cadro no corredor dunha familia... algúns nenos/as xa se fixaran nel, pero... non sabiamos nada máis ao respecto.
 Hai dous ou tres días que nese cadro hay unha parte tapada...
E no vídeo falábanos Margarita, unha nena que se perdera da súa familia e do seu can, e que claro... tiña moito medo!!!!
 Tamén nos dicía que nos levamos unha roupa moi rara que non se parece en nada á que leva ela nin a súa familia... e pideunos axuda para que lle axudemos a atopalos e que non esté soa e perdida.
Así que... saimos da biblioteca coas nosas "gafas máxicas" en busca da súa familia e o can... e mirade que rápido nos demos conta de que se trataba!!!!
 Agora poñerémos a investigar tamén sobre este tema claro, que familia é? quen pintou o cadro? todo iso... xa sabedes que cando nos poñemos os peques a investigar non hai fin, pois todo é interesante!!!!

O CASTELO TERRORÍFICO!!!!

Para decorar o corredor de infantil entre todas as clases fixemos este castelo de medooooo!!!! cada clase fixo unha cousiña, e de momento... quedou así:

28/10/10

PLASTIQUEANDO...

Estes días andamos moi atarefados a facer cousiñas de plástica, porque queremos adornar o noso cole con cousiñas do outono: do Magosto, do Samaín... así que estamos enchéndonos de cabazas, castañas, bruxas...aquí podedes ver algunas das cousas que estamos a facer:
 Aínda que non todas, pois tamén entre todas as clases estamos decorando o corredor e fixemos un castelo con morcegos, pantasmas... e seguro que pouco a pouco vai quedar máis e máis terrorífico!!!!
Tamén as castañas forman parte da nosa cestiña para o día do magosto...
 E cos sombreiros de bruxa faremos un libro para a aula, e como vedes nas fotos, decorámolos utilizando diferentes técnicas e materiais  (con ceras brandas, con pintura de dedos, con témperas e pincel... botándolles purpurina, pegando gomets, estampando con esponxas, estampando con rotuladores de selospegando gomets, pegando "lentejuelas", con barnices de unllas, pegando plumiñas...).



Seguro que con tanto arte que temos nos queda un libro chulísimo!!! Mirade como todos os gorros son distintos!!!
Esperamos que vos gusten as nosas pequenas cousiñas.

ALGUNHAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS NA BIBLIOTECA

Se premedes na imaxe das mascotas da nosa biblioteca, poderedes ver algunhas das cousiñas que fixemos nestes días.

23/10/10

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para festexar o día das bibliotecas, propúxose (dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca do cole) a realización dun marcapáxinas para unha posterior exposición na entrada do cole.
Hoxe entregamos os nosos que fixemos utilizando perforadores de formas, e pegando as formiñas na nosa cartulina, e por tiba botámoslle purpurina. Despois plastificámolos, e listo! Aquí están:

O luns poderedes ver a exposición con tódolos marcapáxinas do cole, alucinaredes co nivel!!!! Vaia chuladas!!!!

22/10/10

MÁIS COUSIÑAS DE LONDRES PARA AXUDAR A FORMI

Estes días recibimos máis información de Londres para poder axudar a Formi a descubrir cousiñas desa cidade, e xa temos uns cantos datos na cabeza. Un deses datos é que aos ingleses gústalles moito tomar o té. E para saber que era iso do té: ulímolo, e tamén ulimos unha infusión de menta, e púxemolo no noso mural informativo.
 Así comparábamos os olores do té e da menta...
Tamén descubrimos as cores da bandeira de Londres...

Tamén descubrimos que alí hai rañaceos, que hai un río que se chama Támesis, un pazo onde vive a Raíña... e decedímonos a debuxar a Formi nesa cidade, co río, cos rañaceos, coas pontes... con todo o que imos vendo nas imaxes que nos fúchedes enviando. Mirade que que obras de arte fixemos:

 

20/10/10

FORMI MANDOUNOS OUTRA CARTA

Hoxe recibimos outra vez a visita do carteiro que nos trouxo novas de Formi. Esta vez contounos na súa carta que segue sen entender nin papa de inglés, e que o outro día mercou un conto moi chulo alí, en Londres, pero... levou a sorpresa de que... estaba escrito en inglés!!!! E como el non sabía lelo en inglés, pediulle a Callie, unha amiga de EE.UU, que llo lese.

E preguntounos na carta se quería que Callie no-lo contara tamén a nós, pois ela viña a España, e podía visitarnos.
 E así foi... e hoxe pola tarde, Callie contounos o conto en inglés na biblioteca.

Era un conto chulísimo, e todos os peques de Educación Infantil estivemos alí ben atentos, e ata falamos en inglés, dicindo palabras do conto, tal como Callie nos dicía. E despois tamén cantamos, bailamos... e logo na clase fixémoslle un debuxiño para Callie (debuxámola moi, moi ben).Pasámolo xenial!!!

 

O BLOG DA NOSA BIBLIO

A biblioteca do cole ten un novo blog que poderedes visitar para enterarvos de tódalas novas referidas a esta: actividades de animación á lectura, novos libros, xogos e enlaces interesantes... non deixedes de ollalo!!!
Premede na imaxe dos RATOS DE BIBLIOTECA, as mascotas que nos guiarán polas aventuras da lectura no cole.

19/10/10

PEQUEN@S GRANDES ARTISTAS

Hoxe comezamos a traballar de forma máis organizada nos diferentes recantos da clase, e tamén comezamos a traballar en equipos con diferentes actividades propostas nas mesas. Así... en canto uns facían colares, outros estampaban selos, outros modelaban con plastelina e outros pintaban con pincel. Hoxe descubrimos os grandes artistas que levamos dentro!!!

Mañá seguiremos con este traballo para que cada un faga o seu propio cadro.
E por suposto, continuaremos traballando para axudarlle a Formi a descubrir a cidade onde está LONDRES (que en inglés se di LONDON).

17/10/10

FONTES DE ANIMAIS

Neste enlace poderedes descargar un montón de tipos de letra relacionados coa temática dos animais, algúns dos cales podedes ver de exemplo na seguinte imaxe, picade nela e iredes directamente á páxina.

16/10/10

XOGAMOS A FACER E DESFACER FICHAS MÁXICAS

Unha actividade que fixemos este venres foi de grafomotricidade máxica, sí, sí, líchedes ben, máxica. En lugar de facer a grafomotricidade en papel, como se soe facer, temos un recanto propio onde poder traballar a grafomotricidade (alí está o encerado de tiza, por exemplo, pero tamén haberá outros materiais como por exemplo cubetas con distintos materiais, cos que traballar (area, serrín...) e as fichas máxicas, entre outros). Para utilizar estas fichas, só precisamos plastificar unhas cantas fichas propias de grafomotricidade, e uns rotuladores para encerado branco, e papel con alcohol para despois borralas. Estas fichas estarán no recanto, de xeito que cada nen@ poderá utilizalas para xogar con elas a facelas e desfacelas, só terá que repasar as liñas co rotu (coma se dunha ficha en papel se tratara) e despois borralas para poder voltar a facelas, unha e outra vez. Outro aspecto positivo deste material así disposto, é que así son os propios nen@s os que deciden que ficha queren facer, e ao mellor se atreven con trazos que nos pensabamos que non poderían facer pola súa idade, e nos sorprenden. De feito, este primeiro día, a min sorprendéronme moitísimo!!!

IDEAS CON GOMA EVA

Xa sabedes que con este material se pode facer de todo, aquí vos deixo algúns enlaces e ideas sacados da rede por se vos interesan.
Nesta páxina poderedes atopar algunhas revistas temáticas para traballar con este material, premede na imaxe e iredes directamente á páxina.
Aquí hai algúns enlaces a albumes picasa con ideas moi chulas:
Picasa de Jhaneska (especial halloween e Nadal)
Picasa de Valentina (cumpreanos infantís)
Picasa de Jesica (lembranzas e sorpresas)
Picasa de Aby 


Mirade que sinxelo e que bonitas quedan as pinzas pintadas e decoradas con detalles neste material (que tamén podería ser cartolina, eh)


CINE NA BIBLIOTECA DO COLE

Hoxe pola tarde, aproveitamos e fomos a ver unha peli no EDI (encerado dixital) da biblioteca, e fomos cos compañeiros e compañeiras doutras clases.
Gustounos moito, pero... costounos estar  atentos porque descubrimos que xogando coas nosas mans sobre o encerado, facemos sombras!!! Iso e que a nosa maduración non nos permite estar atentos moito tempo, fixo que non nos enterásemos da peli todo o que deberamos, pero prometemos que na próxima estaremos coas orellas e os ollos ben abertos, e a boquiña pechada.

NOVAS TAREFAS PARA OS ENCARGAD@S

Xa vos adiantaramos que pouco a pouco, os encargad@s irían acumulando máis tarefas, e hoxe estreamos unha delas, que será que terán que debuxarse a sí mesmos. Nós axudarémoslles dicíndolles as partes do corpo para que non se esquezan de ningunha. Xa veredes como moi, moi rápido os debuxos serán ben diferentes, e incluso os acompañaremos de escribir os nosos propios nomes, pero... con calma! cada cousa ao seu tempo!

AS NOSAS PRIMEIRAS OBRAS


Estes días estamos comezando a facer as nosas primeiras obras plásticas... descubrindo as posibilidades de materiais como a plastelina, coa que xa facemos boliñas e churros moi moi ben, e ata algúns se atreveron a facer ao rato Tom (do conto RATO TOM E RATA TOMASA, da Editorial OQO) .
 
 Despois de ter escoitado a súa historia, claro.

E tamén estivemos experimentando coas ceras grosas e as pegatinas...

 E por suposto coa pintura de dedos, coa que fixemos as nosas primeiras obras de arte, que están expostas no noso tendal, para que tod@s os que se achegan á nosa clase, podan gozar de velas. Mirade que chulis!!!

 

15/10/10

FONTES DE OUTONO

Nos coles sempre andamos a buscar distintos tipos de letra cos que facer os nosos carteis, adaptados ás temáticas a traballar, ou á estación do ano, ou a festividade na que nos atopemos... así que, aquí vos deixo o enlace para descargar uns tipos de letra que nos virán moi ben para esta época outonal, o próximo Samaín...

Premede AQUÍ  iredes directamente á páxina para descargar fontes de OUTONO, ou AQUÍ para descargar fontes de HALLOWEEN.

14/10/10

ESTARÁ FORMI EN LONDRES?

Segundo a información que nos vai chegando, parece que Formi está en Londres. Hoxe aproveitamos para ver detidamente os materiais que nos fúchedes enviando, e mirade con que interés o fixemos.

 
Iso sí, de momento, só nos quedamos con que falan en inglés, que teñen os autobuses de 2 pisos, as cabinas son vermellas, teñen unha raíña que vive nun palacio... pero pouco a pouco nos iremos quedando con máis datos, xa veredes!!!
Podedes seguir mandándonos información!!! Moitas grazas pola vosa colaboración.
 
poemas de amor