Esta semana foi moi curtiña, pero nós aproveitámola moi, moi ben.
O mércores fomos de excursión a Caixanova e vimos unha obra de teatro que se chamaba "Me duele el caparazón" e na que os personaxes eran títeres con cuncha (tartarugas, cangrexos...) feitos con materiais moi, moi pecualiares (tulipas de lámpadas, garfos, ensaladeiras, garfos...) e na que se falaba sobre os medos dos nen@s a ir ó medico (e non tan nen@s, claro).
Mirade na súa
Páxina.
Pero antes de ir ó teatro, merendamos na Alameda.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjxtLxmUzqXDKkRo-mkQcvObCFBV4OimcjPn9OEWx4TXulJdAABi_coQw_d7ETgLi0E-N-4OTSvYLYpeQayhlzMqz50mlst0dszUV-9_aTuhT9AMj6s12l22zkPyX_0rAYtcf2qYyDQ4Mw/s400/merendando+na+alameda.JPG)
Antes de sair para alá, na asemblea tamén tivemos tempo de ver o libro-mural que nos trouxo Adán, e que "nos veu ó pelo" pois nel amosábanse animais mariños que teñen cunchas, así que foi unha preparación para a obra. Adán ensinounos todo moi, moi ben. E ben merecido ten un aplauso por facelo así e a súa familia por ter unha idea tan orixinal, coma todos os que levamos visto. Moitas grazas por participar na vida escolar dos vosos fill@s!!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiRIMtm1A0yzUmgRO2g6HPHdJv-BBizNIggPx69f9nHiKm14ropFAG3M-PPhIgdDobQ4P3r8kJtKYzR1kpLxCCvrlKC5H-2ZO0UmCL9MRnwsTeLJQW5C0eSySZMb1BHjk05_2KLjEgRBLA/s400/100_1727.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhNTeicjrgoY0XDn-tvdVZrDYOmLeZZLnzICWCVwJyUxefyvNSC7j_qc_-GAv8lMJlCIMpWEq5vKO5L7gXb6_LeqYut7T4NCz54o0KNifdziYl3soVQhR4_zhu5C_djLfbacnnS70XgUF4/s400/100_1721.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiShMswXZzDFs37uTCoQwvFDRWES7JqKMTBFVQC7DfL490q2nLL-VQycANZnqjSOkYqUDzrz_3h3zgWKd2oWzLQqRMKSnq5C41DeMSZw_vy-lSSFes_4pu-uZEoLJ6xy5QhlPuQl8VfS1w/s400/100_1723.JPG)
Ademais o mércores antes de sair tivemos que darlle de comer ós nosos
vermes de seda, tiñamos 3 dende o venres anterior, pero... o mércores un morrera, e hoxe, outro, así que... só nos queda un. A ver se "non morre de aburrimento". Dámoslle de comer
follas de morera, que é a árbore con forma de paraugas que temos xusto ó lado da escola, entre o centro de saúde e o patio. Dádesvos conta? Estamos mirando como se vai transformando, e esperamos ver como se convirte nunha fermosa bolboreta.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjPK5b8FIGkPXk8j_eTmXQ6yZTTMX6dTHZpNFVaUipaSRH05MvnZd0v7PH5SsnVUtvSE4Zt3Rr9sTxU-4wE3GVoaCw-lmU1njHCqYLqlDbx-RcfWTBIjZfrCjmse86VFJGAnqnr0Ze7GGs/s400/100_1776.JPG)
Mirade o proceso... e podedes xogar con esta secuencia:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhMK1-jhMS3hN1tDJpnzRycRWt4FZXIc01Us0Fsgium-UIg7M7oDfkp2AaCeJzfjOJWYj71QVgHlTP3csgtifv38psT_vmgCfqVsbfXg4ANFhbYmPlNOc_fRD_rYvbgQKSIOFUVo2jLrOc/s400/del+huevo+a+la+mariposa.jpg)
Tamén estamos facendo algo relacionado co mar, utilizando unha das caixas de zapatos que trouxemos ó cole, imaxinades que pode ser?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhrLDPJllUgJlr5NqJ_aSm7OEKlymKBY1rF_oV8EudEySEtjnJasS4GMdq34lkpz3mdywlJWkyzI3YKByDMdaaxlTd-fgjcj-mA5JkjxiAR89-mLCc5EOi6a5dedEHS5N0Z_TmK1BvKjwM/s400/100_1774.JPG)