BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta RECUNCHOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECUNCHOS. Mostrar todas las entradas

22/11/11

SOMOS XORNALISTAS: FACEMOS ENTREVISTAS

No recanto dos sabi@s esta semana estamos facendo de xornalistas, entrevistando aos nosos compañeir@s.
Pegamos a súa foto na ficha resumo da entrevista, e logo collemos o "micrófono" para facerlle as preguntas que aparecen no papel. Unha vez que nos contestan pasamos a poñer as respostas.

 Así queda recollido sobre o papel a información que nos deron os entrevistad@s...

Ao final, coñecemos un pouquiño máis dos nosos compis, ao tempo que traballamos a oralidade, a lectoescritura...
Quen se atreve a facer unha entrevista?

9/11/11

DIVERSIÓN NOS RECUNCHOS

Cada semana temos nos recunchos unhas actividades diferentes, pero hai algúns (soen ser 2cada semana) que os deixamos con máis liberdade de xogo. Aínda así, unha vez rematadas as tarefas programadas, o tempor restante e de xogo libre, sempre en cada recuncho.
Esta semana, no recuncho dos sabios estamos xogando con letras a esribir palabras. os peques din unha palabra e buscan as letras que creen que ten esa palabra. Despois a profe repite a palabra marcando ven as sílabas e dentro destas os fonemas, e así vánse dando conta dalgunhas letras das que se esqueceran. Ao final buscan todas as letras da palabra elixida, e posteriormente debuxarán dita palabra. Este equipo quixo facer a mesma palabra, así que os traballos son moi similares (pois ademais se copiaron bastante para debuxar). pero ao longo da semana nos iremos xuntando con diversas palabras e debuxos (que temos expostos no noso tendal da clase) e que serán cada un diferente, segundo o interés de cada un por facer a súa propia palabra. Cales escollerán hoxe?

Xa podedes ver cal foi a palabra escollida!!
No recuncho dos oficios unha das cousas que máis lles gusta e "ir de compras" e disfrazarse con todo o que teñen: bolsos, gafas, perrucas, velos, capas... todo vale!!!


... Isto sí que é pasalo ben!!!!
No das matemáticas estamos xogando cos nosos propios xogos elaborados: xogos de facer series, tangrams...

 

30/10/11

OS CADROS QUE FIXEMOS

No recanto dos artistas, como xa vos dixemos, son de soles, martes, lúas... bueno, todo iso é o que nós pensamos que son, porque en realidade son representacions feitas a partir da obra "Vuelo de Pájaros" de Joan Miró.
Mirade algúns dos que fixemos...

Que vos parecen? Nada que envexar ao do propio artista verdade?

26/10/11

MIRÓ NO RECANTO DE PLÁSTICA

Esta semana no recanto de plástica xa non xogamos a facer arte con Arcimbolo e as follas do outono, senón que estamos a traballar con Miró.
E... sabedes unha cousa? cada un de nós está facendo unha recreación persoal do seu cadro "Vuelo de pájaros", aínda que nós lle cambiamos o título pois cremos que é "A LÚA, MARTE,ESTRELAS E O SOL".

Vós que vedes?
Xa vos ensinaremos o chulis que nos están quedando as obras.

20/10/11

O NOSO CONTROL DOS RECUNCHOS

O outro día non tiña a foto para ensinarvos como é o panel que utilizamos para saber a quen panel imos cada día, e para ver a cales non podemos ir (ou ben porque xa fomos outro día da semana, ou ben porque xa o escolleron os equipos anteriores).
Temos 5 equipos de 3 nen@s cada un, caracterizados por unha cor.
E cada día da semana se corresponde tamén con unha cor. Así por exemplo, o luns é o laranxa (na asemblea) polo que comezaría escollendo recanto o equipo desa cor, e despois iríamos en orde segundo a cor dos equipos, e a orde dos días da semana.
Mirade o noso panel para facervos unha idea, aínda que... como puidechedes ver o luns non o rexistramos porque case non nos quedou tempo, despois de psicomotricidade, e fomos aos recantos sen carnets.
Mañá, se nos da tempo, iremos a dous recantos cada equipo e recuperaremos o do luns. A ver como se nos presenta a mañá!!!

APRENDEMOS A COLOCAR A BIBLIOTECA

O curso pasado, como eramos máis peques, aprendemos a ordear os libros poñéndolles na parte de abaixo do lomo un texuelo dun osiño. Así sabiamos que os había que colocar todos co osiño na parte de abaixo: Pero... este ano, como xa somos máis maiores, complicamos un pouquiño máis, e ademais de ordealos tendo en conta a posición do "texuelo" teremos que ordealos por cores, en función da súa posición na estantería.

Así, ademais de quedarnos unha biblioteca máis chula e chamtaiva, saberemos onde colocar cada cousa. Tamén aproveitamos a "cartelear" poñendo o nome á caixa das revistas, e á "sección dos nosos contos" (os que imos facendo na aula).
Que vos parece?

O QUE FACEMOS NOS RECANTOS

Hai unhas semanas que comezamos a traballar por recantos, ao principio só 3, logo 4 e agora que xa está amañado o ordenador, xa traballamos repartindo os equipos nos 5 recantos da aula.
Cada semana temos que facer diferentes tarefas en cada recanto, e cando as rematamos, xa temos liberdade para xogar dentro dese espazo.
Levamos o control do noso paso polos diferentes recunchos a través dun panel e así non repetimos e cada equipo vai aos 5 ao longo da semana, facendo así tódalas tarefas, e traballando en equipo.
Algunhas das cousas que fixeron nos recantos foron:
 No recanto dos oficios teñen que ir de compras, levan unha lista da compra, e teñen que mercar: laranxas, un bolso, unhas gafas, pan... 
 No recanto dos sabios esta semana xogaron coas prantillas troqueladas e as letras, tentanto completar todo o abecedario poñendo cada letra no seu oco correspondente.
 No ordenador xogan con Caillou nunha actividade de números.
Fixeron o seu retrato decorado con froitas e pegándolle follas de outono, similando o de Giusseppe Arcimbolo.

19/10/11

ESCRIBIMOS OS NOSOS NOMES SEN LÁPICES

E sen rotus... sabedes como? Pois escribindo con plastelina.
Na casa tamén podemos xogar a escribir palabras, a crear figuras e poñerlle o nome (con carteliños de papel, ou mesmo facendo as letras coa plastelina). Así, vendo a funcionalidade da escritura de diversas formas, e utilizando moi distintos materiais, vemos que ao mellor co lapis lles costa facer un determinado trazo pero coa plastelina lles saiu ben, entón teñen interiorizada como é realmente esa letra que polo momento lles costa.
Mirade:


 E algúns dos nomes que fixemos:


7/10/11

ETIQUETAXE E ORDENACIÓN DE MATERIAL

Hoxe comezamos coa etiquetaxe de materiais no recanto dos xogos matemáticos. Nel é onde temos xogos de números, construccións, quebracabezas, memoris... e no que se irán incorporando novos materiais que serán xogos feitos por nós na clase.
para unha correcta ordenación, e tamén para traballar coa escritura dos números, decidimos ordear o material facendo as nosas propias etiquetas numéricas.
Así foi como as fixemos:


Así como nos está quedando o noso traballo. Para a semana continuaremos coa tarefa:
 Seremos capaces de ordear mellor as cousiñas? Seguro que sí!
 

30/9/11

A NOSA NOVA CLASE

Hoxe vouvos ensinar así por riba a nosa clase,antes non o fixen porque aínda non estaba todo listo, pero bueno, agora máis ou menos xa está.
Este é o noso espazo para facer a asemblea:

Este é o recuncho dos oficios (perruquería, restaurante, supermercado...):


Este é o recuncho dos sabios (biblioteca e letras):

Este é o recuncho dos artistas:

Este é o recuncho do ordenador:

Este é o recuncho dos matemátic@s (quebracabezas, xogos de números, construcións...)


29/9/11

NOVA FORMA DE TRABALLAR

Como xa vos comentamos noutra ocasión, este ano imos traballar dende xa (agora en outubro) por recantos e proxectos.
A modalidade dos recantos, non será como unha distribución espacial sen máis (como faciamos o ano pasado) senón que será un traballo en pequenos equipos (distribuidos por cores) e nos que, en cada recanto, haberá unha actividade concreta para facer, aparte de que lles de tempo de xogar libremente cos materiais de dito espazo.
Así, cada día da semana, terán que ir a un determinado recanto (dos 5 que hai) e o venres, todos teran pasado polos 5 recantos, e realizado as actividades propostas en cada un deles.

Hoxe comezamos coa distribución por recantos a modo de proba, pero xa cos nosos carnés, e o luns xa teremos o PANEL DE CONTROL, co que cada nen@ saberá a que recanto lle toca ir, a cantos foi ao longo da semana...
Por suposto, esta nova forma de traballar, esixe coñecer novas normas, que antes, non sempre cumpriamos (como non poder cambiarse de recanto, xa que cos carnés non haberá sitios libres a onde ir, pois hai un número máximo de nen@s que non se poderá superar).

Hoxe por exemplo, amosámosvos unha das actividades que fixemos, neste caso no RECANTO DE SABI@S (no que se inclúe a biblioteca e a zona de letras).


Neste recanto a actividade consistía en escribir o seu nome con diferentes materiais (recortando letras, con letras troqueladas, estampando con selos, escribindo con rotuladores de cores...). Cando remataban a tarefa podían xogar no recuncho libremente: collendo un conto para ler, collendo as marionetas que temos na biblioteca para dramatizar historias...
Mañá o equipo que pase por esta zona terán que facer a mesma tarefa.
Así, facendo os traballos en pequenos grupos, a atención é máis individualizada, os nen@s cooperan máis, vólvense máis autónomos...

24/9/11

NOVOS MATERIAIS NOS RECANTOS DA AULA

Este ano traballaremos por recantos propiamente ditos, e por iso que cada vez imos incorporando novos materiais que nos permitan facer moitas e variadas actividades dentro de cada recanto, para mellorar na nosa autonomía, competencias...
Un deses novos materiais é por exemplo un xogo de estampar o abecedario, con el, os nen@s deciden que 4 palabras queren escribir, eu as escribo e eles telen que transcribilas estampando.


Mirade que ben o pasaron Luís e Dani buscando as letras para poder escribir as súas palabras con letras máxicas.
 
poemas de amor