BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

30/10/11

OS CADROS QUE FIXEMOS

No recanto dos artistas, como xa vos dixemos, son de soles, martes, lúas... bueno, todo iso é o que nós pensamos que son, porque en realidade son representacions feitas a partir da obra "Vuelo de Pájaros" de Joan Miró.
Mirade algúns dos que fixemos...

Que vos parecen? Nada que envexar ao do propio artista verdade?

CONTANDO FABIÑAS = CONTANDO LÚAS

Seguimos aprendendo cousiñas e traballando sobre o noso mural. Como sabedes estivemos falando dos satélites de cada planeta e puxémoslle o número, pero... se Xúpiter ten 60, Marte 2, e Neptuno 11... Quen ten máis? Canto será 60? Todos tiñan claro que 60 era máis, porque dicían que 60 eran moitísimas, pero non sabiamos se 22 eran máis ou menos que 31.
 Entón, puxémonos a contar fabiñas, porque lúas non tiñamos, e despois metemos a cantidade correspondente a cada planeta nun sobre transparente. Así, dende fora xa sabemos cal é o que ten máis, que a Terra é a que ten menos...

27/10/11

AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS

Hoxe estivemos falando longo e tendido sobre as estrelas, e como non, sempre facendo fincapé nalgo que xa sabiamos de días anteriores: "O Sol é unha estrela".
Despois de ver diferentes tipos de estrelas nos libros, démonos conta de que hai moitos xeitos de debuxar estrelas, e tamén de facelas con outros materiais, así que... puxémonos a traballar e convertémonos en "Debuxantes e escultores de estrelas".

E como podedes ver... non hai dúas iguais!!!!

Tamén falamos sobre as constelacións, que son agrupacións de estrelas que forman figuras. Hai moitísimas, pero nós falamos das máis coñecidas, de momento, pois aparecían nun dos libros que temos para investigar. Vimos como era Orion, a Osa Maior, o Carro, o Dragón...


E vimos como cada estrela ten un nome. E hai un montón!!!!
Seguiremos investigando e a ver con que nos atopamos.

ALGÚNS PLANETAS TEÑEN LÚAS

Ao longo desta semana estivemos montando un mural, no que aínda nos faltan de poñer un montón de cousas, seguramente, pero a medida que imos investigando cousiñas as imos plasmar nel.
No mural aparece, como non, Marci que está enriba do seu planeta (Marte). Os planetas colocámolos por orde dende Mercurio, que é o que está máis pretiño do Sol.
Despois de pintalos, e pegalos, escribimos os seus nomes, distinguimos o Sol dos planetas, porque éste é unha estrela. E tamén descubrimos que os planetas teñen satélites. A terra ten un, a Lúa, pero hai outros que teñen moitísimas lúas.
Por exemplo: Saturno ten 31, Xúpiter ten 60, Urano ten 22, Neptuno 11, e Marte 2.

Á nosa Lúa os gregos chamábanlle Selene, e por exemplo, as lúas de Marte chámanse Fobos (medo) e Deimos (terror).

26/10/11

OS DÍAS DA SEMANA E A ORIXE DOS SEUS NOMES

Unha das cousas que aprendimos esta semana é a que se debe o nome dos días da semana, e así, agora cada día o relacionamos cos planetas, o noso satélite ou coa estrela máis luminosa.
Se premedes neste ENLACE poderedes ler datos moito máis precisos sobre a orixe dos nomes, tanto dos días da semana como dos meses do ano.
Aínda así, ímosvos lembrar aquí, con que se relaciona cada día, e así ninguén se sorprenderá se chega un neno/a á casa dicindo que "hoxe é o día de Mercurio", e non se refire a que os "mercurios" estén de santo, claro.

Agora, temos debaixo dos días da semana o planeta, satélite ou estrela que corresponde, e uns carteliños cos seus nomes. Así pouco a pouco imos relacionando tódalas cousiñas que estamos a aprender con Marci e as súas aventuras.

MIRÓ NO RECANTO DE PLÁSTICA

Esta semana no recanto de plástica xa non xogamos a facer arte con Arcimbolo e as follas do outono, senón que estamos a traballar con Miró.
E... sabedes unha cousa? cada un de nós está facendo unha recreación persoal do seu cadro "Vuelo de pájaros", aínda que nós lle cambiamos o título pois cremos que é "A LÚA, MARTE,ESTRELAS E O SOL".

Vós que vedes?
Xa vos ensinaremos o chulis que nos están quedando as obras.

UN CONTO ESPACIAL MOI, MOI DIVERTIDO!!!!


O luns Pablo trouxonos un CONTO moi moi ESPACIAL E ESPECIAL!!! Sí, as dúas cousas:
- Espacial: porque falaba de planetas, cohetes, naves... e cousiñas do espacio, en xeral.
- Especial: porque os protagonistas do conto eramos os 15 nen@s e a profe da nosa clase. Sí, eramos nós.
Cando Pablo nos ensinou o conto ninguén sospeitou nada sobre a sorpresa que traía dentro, pero cando comezamos a lelo e escoitabamos que nun cohete ían Pablo e Luís... xa nos daba a risa (que ben o pasaron mentres o lía)e despois íanse engadindo máis e máis nen@s, e cada vez lles facía máis gracia.

Familias: moitas grazas pola vosa colaboración!!!! Xa sabedes que podedes seguir mandándonos cousiñas porque investigaremos moitísimo sobre o espacio, e quen sabe ata onde chegaremos coas nosas pesquisas!
Se picades na imaxe podedes ver como construir un sinxelo cohete con material de refugallo:
Quen se atreve a facer o seu?
Podedes facer un móbil de planetas para decorar na vosa habitación, por exemplo. Premede AQUÍ,  e veredes como facer un, ou AQUÍ se queredes facer outro modelo.  Ou AQUÍ se preferides ver outro modelo. Cal vos gusta máis? Como vedes, hai para tódolos gustos.

Con este tempo de chuvia, seguro que nos ven ben ter cousiñas para entreter aos peques, así que... mans á obra!!!! Este tema so universo, ademais, encántalles!!!


E tamén vos podedes pasar por esta PÁXINA e colorear online.

24/10/11

FESTA CUMPREAÑEIRA DO MES DE OUTUBRO

Hoxe, festexamos os cumpreanos de outubro, e éramos 10 nen@s e 1 profe. Na nosa clase estaba de cumpreanos Ainara (que xa ten 4 aniños!) e...Adiviñades que profe sería a cumpreañeira deste mes? Dámosvos unha pista:

E, por suposto, despois da coroación dos cumpreañeir@s, cantar a canción, entregarlle os seus pergaminos... festexámolo cunha grande festa, onde había zumes, biscoitos, patacas fritas... Mirade que ben merendamos!!!



21/10/11

PARA INFORMARNOS MÁIS SOBRE O SISTEMA SOLAR

Aquí temos un montón de páxinas nas que aprenderemos un montón de cousas, botádelle unha ollada:
http://www.cienciafacil.com/astronomia.html
http://educa-ciencia.com/sistema-solar-infantil.htm
Debuxos para colorear:
http://www.dibujosparapintar.com/hoja23b.html
Libro para colorear os planetas con informacións sobre cada un deles:
http://www.windows2universe.org/coloring_book/SS_Beg_new2.sp.pdf
Libro para colorear planetas según modelo (de cor):
http://sac.csic.es/unawe/juegos/COLOREAR_PLANETAS.pdf
E tamén algún video con información interesante:
Sobre os planetas...


Sobre as fases da lúa:


DA HABANA CHEGOU UN BARCO CARGADO DE...

Cousas que empecen pola letra "S", por exemplo.
Seguro que a moitos vos sona este barco (poster da revista Maestr@ Infantil) e que eu xa teño utilizado en varias clases para poñer as fotos do grupo clase, ir marcando os encargad@s de cada día... A semana pasada leveino para o cole sen ter moi claro para que, e aos nen@s gustáballes moito velo alí. Dicían que estaba o Capitán Cara de Pan, un pirata que coñecemos o ano pasado facendo un xogo.
Hoxe na asemblea ocorreuseme unha idea, pois moitas veces traballamos vocabulario, e con letras para sacar palabras que conteñan unha ou outra letra, relacionalas cos nomes dos neno@s da clase, etc. Así que... mans á obra e despois do noso faladoiro matinal, puxémonos a xogar a "De la Habana ha venido un barco cargado de..." e estreámonos sacando unha letra dun sobre (tocou o "S") e entre todos fomos dicindo palabras que contiñan esa letra. Logo a cada un lle din un anaquiño de folio para que debuxara a súa palabra, e logo a escribira. Despois fomos montando a carga no noso barco.
Preparei tamén tarxetiñas para xogar dicindo cousas dunha determinada cor, forma, ou tipo (cousas grandes, pequenas, largas, curtas, duras, brandas...)
Así, xogando, traballaremos un montón de cousas: conceptos, vocabulario, características dos obxectos, grafomotricidade, lectoescritura...

Animádesvos a facer un?

20/10/11

O NOSO CONTROL DOS RECUNCHOS

O outro día non tiña a foto para ensinarvos como é o panel que utilizamos para saber a quen panel imos cada día, e para ver a cales non podemos ir (ou ben porque xa fomos outro día da semana, ou ben porque xa o escolleron os equipos anteriores).
Temos 5 equipos de 3 nen@s cada un, caracterizados por unha cor.
E cada día da semana se corresponde tamén con unha cor. Así por exemplo, o luns é o laranxa (na asemblea) polo que comezaría escollendo recanto o equipo desa cor, e despois iríamos en orde segundo a cor dos equipos, e a orde dos días da semana.
Mirade o noso panel para facervos unha idea, aínda que... como puidechedes ver o luns non o rexistramos porque case non nos quedou tempo, despois de psicomotricidade, e fomos aos recantos sen carnets.
Mañá, se nos da tempo, iremos a dous recantos cada equipo e recuperaremos o do luns. A ver como se nos presenta a mañá!!!

APRENDEMOS A COLOCAR A BIBLIOTECA

O curso pasado, como eramos máis peques, aprendemos a ordear os libros poñéndolles na parte de abaixo do lomo un texuelo dun osiño. Así sabiamos que os había que colocar todos co osiño na parte de abaixo: Pero... este ano, como xa somos máis maiores, complicamos un pouquiño máis, e ademais de ordealos tendo en conta a posición do "texuelo" teremos que ordealos por cores, en función da súa posición na estantería.

Así, ademais de quedarnos unha biblioteca máis chula e chamtaiva, saberemos onde colocar cada cousa. Tamén aproveitamos a "cartelear" poñendo o nome á caixa das revistas, e á "sección dos nosos contos" (os que imos facendo na aula).
Que vos parece?

APRENDEMOS COUSIÑAS DOS PLANETAS

Hoxe foron varios os nenos e nenas que nos trouxeron cousiñas dos planetas para investigar. Con Marcos e Julián aprendemos que hai planetas gaseosos, e planetas rocosos, por exemplo. E tamén que hai un investigador de planetas que se chama George Marcy, que di que hai unha estrela parecida ao sol (que se chama Kepler 11) que ten 6 planetas orbitando ao seu redor.

Noah ensinounos o traballo que fixo na súa casa, e con el aprendemos que á Terra tamén se lle chama Globo terráqueo ou terrestre, e que o 71% del é auga. Tamén vimos a división de planetas, tal como nos ensinaran Julián e Marcos.
Así vai o noso cortizo cos materiais para informarnos e aprender cousiñas:

Moitas grazas familias por mandarnos cousiñas para poder investigar!!! Aos nenos/as encántalles ser protagonistas, aínda que só sexa un momento, para ensinarlles aos compañeir@s cousiñas que traen da casa. Esperamos seguir recibindo moitos materiais (vídeos, xogos, contos, libros, mapas...) e así aprender moitísimas cousas.

Despois de tanto falar, sobre os planetas, puxémonos mans á obra e traballamos coa orde dos planetas respecto ao Sol. E así traballamos:

 Coloreamos, recortamos, identificamos, lemos, pegamos e... voilá! aquí están os nosos traballos!
 


O QUE FACEMOS NOS RECANTOS

Hai unhas semanas que comezamos a traballar por recantos, ao principio só 3, logo 4 e agora que xa está amañado o ordenador, xa traballamos repartindo os equipos nos 5 recantos da aula.
Cada semana temos que facer diferentes tarefas en cada recanto, e cando as rematamos, xa temos liberdade para xogar dentro dese espazo.
Levamos o control do noso paso polos diferentes recunchos a través dun panel e así non repetimos e cada equipo vai aos 5 ao longo da semana, facendo así tódalas tarefas, e traballando en equipo.
Algunhas das cousas que fixeron nos recantos foron:
 No recanto dos oficios teñen que ir de compras, levan unha lista da compra, e teñen que mercar: laranxas, un bolso, unhas gafas, pan... 
 No recanto dos sabios esta semana xogaron coas prantillas troqueladas e as letras, tentanto completar todo o abecedario poñendo cada letra no seu oco correspondente.
 No ordenador xogan con Caillou nunha actividade de números.
Fixeron o seu retrato decorado con froitas e pegándolle follas de outono, similando o de Giusseppe Arcimbolo.

19/10/11

NAVES ESPACIAIS E EXTRATERRESTRES

Estes días levamos moito falado sobre os planetas, e se hai unha cousa que teñen clara é que "nos planetas hai marcianos e extraterrestres, que se deslizan polo buratos dos planetas, e tamén viaxan en naves".
Así que... despois dun faladoiro decidimos a amosar aos demais como críamos que serían os extraterrestres e as súas naves, e como podedes ver hainos con antenas, cornos, 3 ollos, 4 ollos...variedade!!!














 
poemas de amor