Hoxe foron varios os nenos e nenas que nos trouxeron cousiñas dos planetas para investigar. Con Marcos e Julián aprendemos que hai planetas gaseosos, e planetas rocosos, por exemplo. E tamén que hai un investigador de planetas que se chama George Marcy, que di que hai unha estrela parecida ao sol (que se chama Kepler 11) que ten 6 planetas orbitando ao seu redor.
Noah ensinounos o traballo que fixo na súa casa, e con el aprendemos que á Terra tamén se lle chama Globo terráqueo ou terrestre, e que o 71% del é auga. Tamén vimos a división de planetas, tal como nos ensinaran Julián e Marcos.
Así vai o noso cortizo cos materiais para informarnos e aprender cousiñas:
Moitas grazas familias por mandarnos cousiñas para poder investigar!!! Aos nenos/as encántalles ser protagonistas, aínda que só sexa un momento, para ensinarlles aos compañeir@s cousiñas que traen da casa. Esperamos seguir recibindo moitos materiais (vídeos, xogos, contos, libros, mapas...) e así aprender moitísimas cousas.
Despois de tanto falar, sobre os planetas, puxémonos mans á obra e traballamos coa orde dos planetas respecto ao Sol. E así traballamos:
Coloreamos, recortamos, identificamos, lemos, pegamos e... voilá! aquí están os nosos traballos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hola!
ResponderEliminarSon una profe dun cole de Cangas, e este ano nós tamén estamos a aprender cousas sobre os planetas e o universo.
Grazas por compartir as vosas experiencias.
Se queredes tamén podedes participar no noso blog da aula: anacosdocole.blogspot.com. Estaremos encantados de recibir as vosas visitas!!
Un bico grande para a profe para todos os nenos e nenas.
Grazas Vane pola visita!!! Visitareivos para ver que cousiñas estades facendo tamén vós. chao
ResponderEliminar