BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

25/12/11

ANTES DE DARLLE VACACIÓNS AO BLOGUE...



Voltamos o día 9!!!!! Pasadeo moi ben!!!!

24/12/11

POSTAIS DE NADAL ENVIADAS ENTRE COMPIS

O luns, despois de falar con Papa Noel, aproveitamos de estar xa fora do cole, para achegarnos e correos. Alí, cada un lle enviou a postal de Nadal que fixera, ao compañeiro ou compañeira que lle tocara por sorteo.



Seguramente, xa chegaron todas as postais ao seu destinado, e xa estades felicitados, non?

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

O luns 19 tivemos o pracer de asistir a unha videoconferencia en tempo real dende Laponia, con Papa Noel. Foi na aula CEMIT, en frente do cole. Alí fomos en dos quendas as clases de 3, 4 e 5 anos A; e despois nós cos compis das clases B. Alí estivemos falando con el cun micrófono, contándolle o bós que fomos, e o que lle pediamos. Non todos puidemos falar, porque eramos moitos, pero el xa tomou nota de todo, e grazas ás cartas, sabe que queremos cada un.

A ver se é certo e nos trae o que pedimos.

31/12/10

25/12/10

MENÚ PARA HOXE...

Como hoxe é Nadal, podedes sorprender aos vosos peques cunhas sinxelas receitas propias para o día, ou mellor aínda... facelas con eles. Que vos parece?
Premede nas seguintes imaxes e iredes directamente á páxina de onde saquei a información. Mans á obra!!!!!





Que tal vos portáchedes? Trouxovos algo Papa Noel? Mirade que a nosa amiga Formi está alí na Ponia, e seguro que tivo en conta o ben que vos portáchedes e algo deixaría, non sí? Xa me contaredes á volta!!!!
Biquiños de caramelo para tod@s!!!

23/12/10

O BROCHE FINAL PARA ESTE ANO

Foi, sen dúbida algunha, o Festival de Nadal de onte, no que as nosas árbores de Nadal, non deixaron de sorprender a ninguén!!!! Un aplauso para el@s que ben o merecen!!!! E máis, penso que algúns d@s protagonistas xa teñen Club de Fans.
Deixovos aquí, de momento, unhas pouquiñas fotos que se sacaron coa miña cámara, pero espero que tod@s os que teñades fotos ou vídeos colaboredes enviándonolos ao noso correo (clasedebea@hotmail.com). Ademais dende abaixo do teatro as fotos non saen moi ben e seguro que tedes algunhas moi chulas sacadas dende arriba, por favor, enviádenolas. Moitas grazas!!!! Ireinas incorporando a esta presentación segundo as vaia recibindo.

 

21/12/10

COS NOSOS MELLORES DESEXOS...

ENVIAMOS AS NOSAS POSTAIS... FOMOS A CORREOS!!!!!

Hoxe enviamos unhas postais que fixemos, e que lle enviaremos cada un a un compañeir@. Para iso... fomos tod@s os nen@s de infantil a correos. Mirade!!!!

20/12/10

VISITÁRONNOS OS PAXES REAIS...

E nós, nerviosísimos coas nosas cartas na man, quedamos mudos e case tamén como estatuas, sí, sí, como estatuas!!!
Quedamos parad@s e case nin nos atreviamos a achegarnos aos paxes, nin botar a nosa carta no buzón, pero... Despois de que Noah dese o primeiro paso... alí fomos tod@s e como agasaio, déronnos uns caramelos!!! esperamos que como nos estamos portando moi, moi ben, nos traian o que pedimos.Só pedimos unha cousiña cada un porque queremos que os agasaios cheguen a tódolos nen@s do mundo!!!

 

18/12/10

A QUE ANDAMOS ESTES DÍAS?

Pois andamos atarefados rematando cousiñas, comezando a escribir nos nosos debuxiños e fichas (tanto palabras como números para que nos vaian sonando) ademáis do noso nome, claro!
Facendo visitas á biblioteca para levar o empréstito de biblioteca...
Tamén vimos unha peli no EDI cos nosos compis da clase de Ana...

E fomos a contar o conto de " A CEBRA CAMILA" tamén á biblioteca, coa clase da profe Ana, e...
SORPRESA!!!Levamos a vela de contar os contos, unha veliña que encendeu a profe Ana antes de que comezara o conto, e que unha vez rematado, todos apagamos soprando á vez!!! Estivo moi chuli!!! Despois aproveitamos a debuxar á protagonista do conto e cos debuxos faremos un libriño que podarán ver todos os compis do cole, pois estará na biblioteca, na sección de "OS NOSOS LIBROS", e que moi pronto esperamos ter cheíña de cousas feitas por nós.

 

16/12/10

A NOSA PÁXINA PARA O LIBRO COOPERATIVO DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca, propúxose para este mes de Nadal facer un Libro Xigante Cooperativo, entre tódalas aulas do cole. A cada ciclo lle tocou traballar nunha temática:
EDUCACIÓN INFANTIL: poesías e adiviñas
PRIMEIRO CICLO: contos
SEGUNDO CICLO: panxoliñas
TERCEIRO CICLO: caligramas
Así, repartíronse polas aulas cartolinas grandes verdes ou vermellas, para que cada clase fixese a súa páxina.
Esta é a nosa, despois dun grande traballo de pintar, escribir, pegar, recortar...



 Moi pronto poderedes ver o libro enteiro, que por suposto será unha obra que estará a disposición de todos os que a queiran ollar na biblioteca escolar. Ao ser nós os protagonistas, seguro que imos velo unha e outra vez.

14/12/10

QUEN SE ANIMA A MONTAR O BELÉN?

Con este xogo podedes montalo nun periquete, veña!! mans á obra!!


13/12/10

XA ESTÁ REMATANDO O TRIMESTRE

E con el, comezan as preparacións de traballiños, por iso hoxe estivemos facendo as portadas. Non vos ensinamos como quedaron, pois é unha sorpresa, pero podédesvos facer unha pequena idea vendo estas imaxes.

Hoxe tamén comezamos cos ensaios xerales para a actuación no Festival do día 22, e... vaia sorpresa levamos ao ver que os nen@s das dúas clases de 3 anos son tod@s moi bailaríns e cantaríns... xa o veredes!!!! Por suposto desta actuación non vos podemos dicir nada máis só que esperamos vervos alí no Teatro de Beneficiencia de Ortigueira o día 22. Lembrade que os nen@s deberán vir vestidos de branco!!!
Moitas grazas.

10/12/10

POSTAL EN INGLÉS

Coa profe Mónica estivemos facendo unha postal de Nadal...

8/12/10

NO MES DE NADAL...

Deixámosvos algunhas cousiñas que poderedes facer na vosa casa, nos vosos coles... e algunhas ideas sacadas da rede para facer manualidades. Esperamos que vos gusten:






















 
poemas de amor