BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta ENLACES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENLACES. Mostrar todas las entradas

28/11/11

MÁS COUSIÑAS INTERESANTES PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Buscando, buscando... atopei algunhas cousiñas que nos poden servir tanto para traballar na clase coma nas casas. Aquí as deixo:
Para traballar con praxias...

O conto do vermiño...

26/11/11

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Como sabedes, na nosa clase, facemos un programa de Estimulación da Linguaxe. Aquí vos deixamos un vídeo moi chuli co que podedes facer nas vosas casas exercicios, coa "lingua revoltosa".


8/10/11

EN TEMPOS DE CRISE...

Teremos que aforrar e buscar as alternativas que nos ofrecen os materiais de refugallo, ou os materiais da natureza.
Aquí vos ensino algunhas cousiñas que atopei NESTA PÁXINA e que se poden facer con pedras, por exemplo. É unha páxina repleta de ideas, xa sabedes, outra máis para gardar e ter en conta.








Verdade que son moi chulos? A ver se facemos tempo e podemos facer algún.

7/10/11

UNHA NOVA PÁXINA PARA GARDAR

Acabo de atopar unha páxina na que seguro atoparedes cousas interesantes.


Na esquerda da páxina podedes buscar que tipo de material queredes (por festas, temáticas...)tamén ten receitas... e un montón de cousas máis.
Aquí vos deixo algunhas das que atoparedes.

 

MANDALAS INFANTÍS MOI CHULIS

Unha vez máis vos remito á páxina de KROKOTAK para que podades descargarvos uns mandalas que seguro vos virán moi ben para as vosas clases, ou mesmo para facer na casa. Ter un pequeno recanto no que haxa mandalas e poder ir a relaxarnnos de cando en vez facéndoos, seguro que nos dan moitísimo xogo. Os que nunca os probáchedes, non esperedes máis. Seguro que vos gustarán!
Aquí vos ensino algúns:




PARA FACER CON PLASTELINA, PASTA DE MODELAR, ARXILA DE SECADO AO AIRE...


Mirade algunhas ideas da páxina de KROKOTAK:




 Estas son máis ben para cocer ou con pasta de secado ao aire e quedan uns colgantes moi chulis, non credes?


E tamén se pode aproveitar para facer xoguiños para a aula ou para casa, con números, letras, etc.

6/10/11

UNHA DAS MIÑAS PÁXINAS FAVORITAS CHEIÑA DE RECURSOS

Premede AQUÍ e veredes cantas cousiñas ten.
Aquí vos deixo algunhas cousiñas do outono que poderedes ver nela.


26/9/11

PASAPALABRA NEN@S

Acabo de ver no blogue de Eva "Recursos para el aula" un enlace a un xogo coñecidísimo da televisión, pero neste caso feito para nen@s.
Haberá que probalo con eles, seguramente dándolles pistas, pero bueno... cos máis maiores é un xogo moi divertido no que poden estar sós (primaria).

A que esperades para probalo?

19/9/11

ENCHÉNDONOS DE IDEAS

Chega o momento de buscar novas ideas e para iso é bo darse unha voltiña pola rede na que sempre se atopan cousas interesantes.
Agora acabo de atopar unha páxina que ten un montón de ideas creativas para os peques (e coma sempre digo, non só para poder facer nos colexios, senón tamén cada un na súa casa.

Espero que vos guste e que a utilicedes moito, deixoa tamén enlazada na esquerda para que vaiamos a ela a tiro fixo.

5/8/11

A QUEN LLE GUSTA MAQUILLAR AOS PEQUES?

A mín encántame, e seguro que a moit@s de vós tamén. Puxénme a buscar novas ideas para facer maquillaxes infantís, e atopei uns vídeos nos que se poden ver os pasos para facer distintas maquillaxes moi chulas. Queredes velas?


3/8/11

MÁIS PÁXINAS CON IDEAS PARA FACER MANUALIDADES

 



Nestas páxinas non só hai ideas para facer cos peques senón tamén para adultos, así que... se queredes facer cousiñas para vós tamén poderedes atopar un montón de ideas. A que esperades?



2/8/11

MOITAS IDEAS PARA FACER MANUALIDADES

Estaba buscando páxinas con ideas para facer manualidades, e atopei esta páxina tan interesante de KROKOTAK en " Mi sala amarilla". Botádelle unha ollada, seguro que atoparedes cousas moi interesantes.

Preparadevos para pasar un bo rato vendo miles de ideas para os días de chuvia, para facer cos peques no cole, para agasaiar...

1/8/11

PICASA EN EDUCACIÓN

Outro descubrimento relacionado cos albumes picasa, é este BLOGUE no que aparecen moitísimos recursos, e indo directamente ás etiquetas atoparedes un montón de cousas interesantes. Votádelle unha ollada!!!!

27/7/11

TOMLITOO.COM

Outro lugar onde atopar unha chea de recursos é a páxina de Tomlitoo.com, premede na imaxe para ir á páxina e ver todo o que alí hai.

XERADOR DE FLASHCARDS EN INGLÉS

Se queredes crear flashcards (en inglés) aquí tedes unha páxina onde facelo de xeito moi sinxelo.

22/7/11

ONDE MERCAR BATAS ESCOLARES?

Aínda que xa creei na barra lateral esquerda (case abaixo de todo) unha categoría con estes enlaces, deixovos aquí unha selección de páxinas de internet onde poderedes mercar as vosas batas escolares, por se non virades a anterior. Ok?




PEKESAPIENS.COM

Nesta páxina poderedes atopar un montón de recursos seleccionados e atopados na rede. Premede na imaxe:

PÁXINA CON MOITÍSIMOS RECURSOS

Hai xa moito tempo descubrín esta páxina, na que atopei mitísimas cousas interesantes, e da que xa tiña esquecido o nome. Hoxe facendo memoria lembreime, e aquí vola deixo para que lle saquedes proveito.
Aínda que é unha páxina francesa, enlázovos xa a páxina traducida, de aí o cambio no nome da páxina. Premede na imaxe:
Se tedes algún erro para descargar os materiais na versión traducida, premede directamente AQUÍ.

20/7/11

ENLACES A ALBUMES PICASA



Entre os cambios que estou intentando facer agora no verán no blog está a actualización de enlaces e recursos. Entre eles, e para todos nós, os mestr@s, é de grande importancia a aplicación de picasa para almacenar e descargar albumes con moi variados materiais. Intentarei facer unha listaxe ben ampla de albumes interesantes que nos podan servir tanto para poder atopar debuxos por temas, coma xogos, contos, materiais de audición e linguaxe, etc. Isto levarame un tempo, pero pouco a pouco veredes que se vai incrementando a lista de enlaces, ao final da barra lateral esquerda, despois dos enlaces a blogs.
Aproveito para deixar aquí enriba unha selección de picasa creadas en AVERROES, e que atopei no blog de "MIL RECURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL".
Aquí poderedes ver un adianto dos materiais que se poden descargar dende este ENLACE:






 
poemas de amor