BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

28/2/10

ÁBRESE UN NOVO RESTAURANTE NO COLE!!

OEn Fornelos, na clase de Ramón (de 3, 4 e 5 anos), os nenos e nenas tamén decidiron que o mellor para traballar cos alimentos sería montar un restaurante, o seu nome é COPITO.
Nós, despois, dun longo debate de nomes, finalmente, escollemos o nome de COUSO, seguramente porque ó ser máis pequeniños nos identificamos máis coas cousas cercanas, coma o nome do lugar da nosa escola.
Se premedes na imaxe, poderedes ver o segumento deste novo restaurante, que de seguro valerá a pensa visitar.

24/2/10

OS NOSOS NEGOCIOS EN MARCHA

Xa moi pronto poderemos facer a inauguración dos nosos novos locais: o "Supermercado Couso" e o "Restaurante Couso", teñen o mesmo nome porque somos os mesmos propietarios, claro.
Xa cada vez van máis axilizadas as nosas xestións, hoxe recibimos mercancia nova (unha morea de alimentos de xoguete) que fomos xa clasificando nas distintas estancias do supermercado (panadería-docería; carniceiría, froitería...) e de peixería, aínda non recibimos nada, debe ser porque como teñen que ser productos frescos do día... así que... farémolos de papel, e haberá de todo (xurelos, polbos, mexillóns, ameixas, rodaballos... todo ben fresquiño).
Tamén nos chegou mercancia para o noso restaurante: pizzas, patacas fritas... e hoxe aprendemos a poñer a mesa (os coitelos á dereita, os garfos e as culleres á esquerda... para os cafés e infusións utilizaremos culleriñas...)
Hoxe non puidemos facer xogo libre neste recuncho pois aínda o estamos clasificando e ata que non manexemos ben onde está cada cousa, e non lle poñamos os carteis, mellor non tocar moito... o venres como teremos unha axudante -xerente xa nos poñeremos mans á obra con estas tarefas de etiquetado, e poderemos xa xogar libremente.
Grazas ás vosas aportacións familiares, temos un montón de cousas (pelis, contos, receitas, descontos para o super, ideas de ingredintee para botarlle ás pizzas...) e todas elas nos servirán coo veredes, para aprender.
As receitas as poñeremos todas xuntas a modo de libriño de cociña, na cociña do restaurante, e así, cando xoguemos a cociñar podemos botar man delas por se se nos esquece algún condimentos, por exemplo.
Coas adiviñas, contos... faremos tamén cousiñas, como poderedes ver nestes días.

UN MUSEO DE ARTE NA NOSA ESCOLA

Na entrada da nosa escola estamos construindo un museo de arte "infantil", sí, sí, sí, de arte infantil. Alí iremos expoñendo as nosas obras artísticas semanalmente, e iremosvos ensinando as fotos para vexades como imos utilizar distintas técnicas de cada vez.
Hoxe para que parecese que os cadros estaban realmente nun museo ou nunha galería de arte, numerámolos, e tamén lles estamos poñendo os títulos ás nosas obras.
Así mesmo, mentres os numeramos sentámonos para observar "de lonxe" (como toda boa obra que se precie) as nosas creacións, e estabamos en silencio, ou mellor dito, falando moi baixiño, pois sabemos que esa é unha das normas dos museos.

FOTÓGRAFOS NA CLASE

Hai tempo que temos un carné cunha cámara de fotos colgado na asemblea con idea de que cada día houbese un neno ou nena encargado desa tarefa, a de sacar algunhas fotos durante as actividades que facemos, e así, ademais de ser algo moi motivador para nós, tamén aprendemos a manexar pequenos aparellos, non? Tardarmos en facelo porque unha das cámaras non funcionaba, e había que mercar outra, agora como a profe ten dúas, deixanos unha máis sinxela para esta tarefa.
Hoxe iniciamos esta actividade con AINARA como fotógrafa, e aquí poderedes ver as súas creacións fotográficas do día.
(Non se poden subir agora as imaxes)

NOVA CREACIÓN FAMILIAR DOS ANANIÑOS

A familia de Diego Gapar (do cole de Crecente - Pontevedra) compis do noso grupo de traballo, mandounos para o blog Benclalu a súa creación cos nomes dos ananiños, varían dous pois no seu conto se chaman de diferente forma, pero... mirade que bonita!!!
Logo na clase, escribiron cada un un verso e debuxaron ós sete anianiños. Está chula, verdade?

22/2/10

A ÁRBORE DAS PALABRAS

Hoxe estivemos un pouquiño desorientad@s pois houbo algúns cambios nos recunchos da aula, e tamén na entrada da escola.
Lembrádesvos da nosa árbore de outono que posteriormente convertimos en árbore de Nadal? Pois agora está "tuneada" oura vez máis, e é unha "Árbore das palabras" e que forma parte dun novo recuncho que temos na aula, o "Recuncho Escritor" (que colocamos ó lado da nova biblioteca).Nese recuncho poderemos ir e escribir as letras e palabras que nos queiramos, e que iremos pegando nun mural que teremos alí ó ladiño do recuncho. Pero, ademais, hai unha cesta con folios recortados en forma de folla (de árbore) e nela poderemos escribir tamén palabras. Así como a árbore de momento estaba peladiña de follas, iremos enchéndoa de follas e de palabras. Máis adiante, xa veredes que máis cousiñas lle imos poñer e como nos vai quedando, vale?
Así temos unha nova actividade motivadora de animación á lectoescritura, gústavos?


RESTAURANTE E SUPERMERCADO

Hoxe, falando de alimentos, chegamos á conclusión, de que se estamos fóra da casa, e queremos comer, temos varias posibilidades: ir a comer á casa dalgún familiar, ir a un bar, a un restaurante, mercar algo no super...
E vimos que tamén temos un montón de alimentos na escola (nas merendas, na casiña...) e fixemos unha proba consistente en atopar todos os alimentos que había na escola, e rapidamente os trouxemos á asemblea.


Logo, decidimos que nós tamén poderíamos facer un restaurante e un supermercado (case de verdade) no cole. Así que... tivemos que pensar, que cousas precisaríamos para os nosos dous proxectos:
- Buscarlles un nome
- Un rótulo
- Folletos
- Cartas de menús
- Comida e bebidas
- Cartos
- Máquínas de pesar e de cobrar
- Xente (camareir@s, cociñeir@s, caixeir@s, limpador@s...)

De momento o que fixemos foi poñerlles o nome (non pensamos moito e chamaránse RESTAURANTE COUSO, e SUPERMERCADO COUSO)
Tamén fixemos un rótulo para que se vexa ben onde estará ubicado o noso restaurante.

Estivemos tamén facendo cooperativamente unha serie de cousas precisas para os novos negocios que temos entre mans: fixemos uns manteis para o noso restaurante,
e uns folletos das ofertas do noso supermercado.
(Podedes ver que uns precios son máis competitivos que outros, e ata temos unha oferta de Sara de todo a 5 €)
Tamén estivemos clasificando tódolos cubertos, para poder facer uns carteis e que os camareir@s atopen facilmente as cousas no restaurante.

21/2/10

OS ALIMENTOS

Comezamos unha nova andaina na que precisamos da axuda das familias, pois estamos comezando un proxecto sobre os alimentos.Esta metodoloxía require que vaiamos aprendendo a partires do que nós xa sabemos (os nosos coñecementos), e que vaiamos avanzando tendo en conta os nosos propios intereses, utilizando como base as informacións recollidas no noso RECUNCHO DO PROXECTO (lugar onde se recollerán todo tipo de materiais relacionados co tema dos alimentos). Ahí é onde precisamos a vosa axuda, para poder crear un grande recuncho de investigación, aportándonos diversos materiais: contos, libros, información de internet, xogos, receitas, algún alimento para probar... moitas grazas de antemán.

Agora imosvos ensinar como o primeiro que facemos antes de comezar un proxecto... é concentrarnos...



Logo comezamos a tarefa de ver cales son os nosos coñecementos sobre o tema, que cousas nos interesaría aprender, e onde podemos atopar información sobre o tema e así poder aprender esas cousas. Estas foron os datos recollidos das nosas primeiras opinións:

profe: QUE SON OS ALIMENTOS?

CARLA: UN ZUMO
AMANDA: UNA NARANJA
CARLOTA: Y UN LIMÓN
SARA: Y UNAS UVAS
SILVIA: Y CEREZAS
ADÁN: FRESAS
CARLA: AGUA
AMANDA: SANDÍA
KEVIN: HUEVO
AINARA: UNA MANZANA
ÁLVARO: PAN
JOSÉ:CHICLES
profe: Será un alimento o chicle, ah! non o sabemos!
CARLA: SÍ, PORQUE ALGUNOS CHICLES TIENEN ALIMENTO DE JABÓN.
CARLOTA: PLASTILINA
VARIOS: NOOOOO! NI LOS CHICLES.
AMANDA: CHORIZO
ÁLVARO: PAVO
CARLOTA: QUESO
CARLA: JAMÓN
ÁLVARO: YOGURES
CARLA: PETIS
MARÍA (3): NATILLAS
CARLOTA: ARROZ
ADÁN: PATATAS
JOSÉ: FRITAS
AMANDA: CARNE
CARLA: HAMBURGUESA
ÁLVARO:PESCADO
AINARA: SOPA
CARLOTA: TORTILLA
AINARA E AMANDA: ENSALADA
ALBA: MACARRONES
CARLA: PASTA
CARLOTA: SALPICÓN Y ACEITUNAS
ADÁN: MEL

profe:QUE SON ENTÓN OS ALIMENTOS? PARA QUE SERVEN?
AMANDA: PARA COMER
AINARA: Y PARA BEBER
MARÍA (3): PARA SER GRANDES
CARLA: PARA SER FUERTES
SILVIA: PARA CRECER
AINARA: PARA TENER MÚSCULO
AMANDA: PARA TENER DEMASIADA, DEMASIADA FUERZA
CARLA: PARA LEVANTAR UN LIBRO GIGANTE
ÁLVARO: Y PARA LEVANTAR UNA CAMA

profe: QUE QUEREMOS SABER DOS ALIMENTOS?
Como ninguén dicía nada...
profe: eu quero saber por exemplo... canto pesan algúns alimentos?
CARLA: Y CUANTO MIDEN?
CARLA: Y COMO SE HACEN LOS YOGURES?
CARLOTA: COMO SE HACEN LOS FLANES?
AMANDA: COMO SE FAI O CHOCOLATE?
ALEJANDRO: Y LOS PASTELES?
CARLA: Y EL PAN
AMANDA: COMO SE HACE UN PLATO
profe: eu quero saber tamén... de onde saen os alimentos?

profe: ONDE PODEMOS ATOPAR INFORMACIÓN?
AMANDA: NUNHA PASTELERIA OU NUNHA TENDA
CARLA: EN EL MERCADO
AMANDA: NOS CONTOS, NO ORDENADOR
SARA: EN INTERNET, O PREGUNTÁNDOLE A ALGUIEN
VARIOS: SÍ, PODEMOS PREGUNTAR A ALGUIEN
AINARA: A PAPÁS
CARLA: A MAMÁS
CARLOTA: ABUELAS
AMANDA: NA ASEMBLEA
AINARA: NA BIBLIOTECA

E máis tarde, fixemos os nosos primeiros debuxos de alimentos, mirádeos:






17/2/10

PROPOSTA PARA AS FAMILIAS

Esta semana no Benclalu propuxemos unhas actividades sobre o noso conto, e precisamos tamén a axuda das familias.
Precisamos que inventedes unha poesía cos nomes dos sete ananiños. Pode ser en galego ou en castelán, e lembrámosvos que os nomes son:

SABIO
FELIZ
TÍMIDO
GRUÑÓN
MOCOSO
DORMILÓN
MUDITO

Preparad@s, listos, xa! a inventar!!! Mandádenos a vosa creación ó noso correo, ou persoalmente na clase, ou a modo de comentario. Grazas!

13/2/10

COLOREAR PERSONAXES...

Desta páxina que vos deixo poderedes imprimir miles de debuxos de personaxes coñecidos, e para iso, podedes ir premendo nas letras: se prememos no A (sairían Asterix, Aurora, Ariel...), se prememos no B (?), no C (?). Probade vós!!!

PRESENTACIÓN DOS ANANIÑOS DE COUSO


ENTROIDO 2010 NA PRAZA DO CALVARIO

Tanto traballo co conto, coas personaxes, coa canción dos ananiños, para que sería? Pois porque precisabamos ter moi, moi clariño de que ía o noso conto: Quen aparecía nel? Que acontecía na historia? Cantos ananiños había? Que facían? E logo representalo para todos os asistentes á festa na Praza do Calvario.
Máis sinxelo sería se fosemos tamén 7 ananiños, pero non, eramos 19, e poñernos dacordo para facer unha fila xa nos costa un mundo, imaxinade para facer un círculo!!! e aínda enriba cunha morea de xente expectante á nosa actuación, que abría o espectáculo. Pufff, que nervos!!!!!


Por favor: se tedes fotos ou vídeos da festa, mandádenolos ó noso correo, e así xuntamos todo. Grazas!!!

TAREFA BENCLALU DESTA SEMANA

Esta semana tiñamos que cambiarlle o final a un quebralinguas que nos mandaron os compañeiros de Benclalu, aquí podedes ler como era e ver o que lle engadimos.


10/2/10

CARETAS E MÁIS CARETAS



Deixámosvos aquí uns enlaces para imprimir caretas e antifaces, e así poder decoralos, escollendo os que máis vos gustan. Premede nos enlaces:



XOGAMOS COA DISFRAZOTECA

LEMBRADE QUE PARA MAÑÁ...

O Meco manda: traer un mandil!!!!


AS NOSAS COUSIÑAS DO DÍA

Hoxe comezamos a mañá comprobando que tod@s cumprimos coa consigna do Meco, e hoxe era... traer dous zapatos diferentes. Podedes comprobar, que tod@s a cumprimos!!!Hoxe tamén estivemos vendo as imaxes do conto de Brancaneves e dicindo que pasaba en cada unha. Logo ordeámolas vendo cal era o principio do conto, cal era o final, cal era a trama do medio... e de paso repasamos os nomes das personaxes, en especial os dos ananiños (sempre se nos esquecía algún, pero agora xa non: mudito, tímido, sabio, dormilón, feliz, gruñón, mocoso.Tamén estivemos traballando no noso Libro de Brancaneves e os 7 ananiños ...

E logo, con tan mala mañá que estivo, e ó non poder saír ó patio, fixemos un recuncho de manualidades de Entroido, e elaboramos as nosas propias coroas indias, cheíñas de plumas. Mirade que guap@s estamos!
Tamén aproveitamos para mandarlles dende aquí un saúdo ós nosos amiguiños de Oviedo, xa que estes días que estamos tan atarefados co Entroido, que non temos tempo para contestarlles á súa carta, así que... dende aquí lles mandamos un agarimoso saúdo!!



9/2/10

O CONTO DE BRANCANEVES EN IMAXES

Saberíades contar a historia de Brancaneves con só ver as imaxes? Intentádeo:

 
poemas de amor