Na entrada da nosa escola estamos construindo un museo de arte "infantil", sí, sí, sí, de arte infantil. Alí iremos expoñendo as nosas obras artísticas semanalmente, e iremosvos ensinando as fotos para vexades como imos utilizar distintas técnicas de cada vez.
Hoxe para que parecese que os cadros estaban realmente nun museo ou nunha galería de arte, numerámolos, e tamén lles estamos poñendo os títulos ás nosas obras.
Así mesmo, mentres os numeramos sentámonos para observar "de lonxe" (como toda boa obra que se precie) as nosas creacións, e estabamos en silencio, ou mellor dito, falando moi baixiño, pois sabemos que esa é unha das normas dos museos.
24/2/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario