Ao chegar das vacacións levamos unha grande sorpresa e foi que as nosas sementes, tra-los cuidados de Fernando (que en Semana Santa no-las regou) xa medraran. Vaia alegría que levamos ao velas!!! Agora cada día ao chegar miramos se hai cambios, e vaia se medran!!!!
27/4/11
GONZALO: QUE MAIOR!!!
22/4/11
ANA XA TEN 4 ANIÑOS!!!!!
OS NOSOS SEMENTEIROS
Nesta semana aproveitamos a plantar, e fixemos sementeiros de perexil e de diversas flores que, esperemos, a volta das vacacións teñan pinta de tirar para arriba, e non se nos secaran.
Para a semana seguiremos facendo sementeiros, e despois iremos tamén a plantar no invernadoiro, a ver que cousiñas ricas nos da a nosa hortiña!

RESUMO A NOSA SEMANA
Esta semana estivo chea de eventos, pois festexamos o Día do Libro, que aínda que coincide realmente o día 23 deste mes, como nos cadraba de vacacións o adiantamos, e fixemos a nosa exposición de Libros para este venres rematar cun "TROCO LITERARIO". Así, despois de ter traido cada nen@ o seu libriño durante a semana, rematámola facendo un intercambio de xeito que cada un colleu outro libro para levarse en propiedade para a súa casa.Mirade o ben que o pasamos:
Tamén tivemos unha sorpresa dos nen@s do cole de Charo (alumna-profe da nosa profe) que dende Vigo nos enviaron un libriño que fixeran do inverno e que xa temos na nosa biblioteca para ollar cando queiramos, agora que andamos a todas horas na procura de letras (pois xa coñecemos moitísimas) poderemos recurrir tamén a xogar co libro pois nos vale para xogar a ler imaxes. Mirade que chuli lles quedou:
Moitas grazas!!!!!
Participamos tamén nesta semana no concurso de portadas para a revista do cole que dende o Equipo de Normalización Lingüística se propuxo. Estas son algunhas das obras que envíamos da nosa clase:
Tamén aproveitamos para contarvos que participamos nun concurso de marcapáxinas que organizaou a biblioteca municipal, e que xiraba arredor da figura e obras de Lois Reigosa. A participación foi absoluta:
Os nosos marcapáxinas representaban ao galo e ao raposo dun dos contos de Lois Reigosa.

10/4/11
O NOSO PEQUE-MUSEO
No noso corredor soemos decorar unha parte coas nosas pequenas obras de arte que imos facendo. Este venres colocamos as últimas que fixemos, facendo primeiro un debuxo con rotuladores, e logo pegandolle anaquiños de cartolina de cores para decorar, despois de recortalos. A que vos gustan?
E tamén aproveitamos para ir poñendo os debuxiños que nós fixemos de Formi en Brasil (mellor dito de como cremos que é Formi e como será Brasil) e como podedes ver os acompañamos tamén do texto, e pouco a pouco imos avnazando neste mundo tan complicado da lectoescritura. Aquí podedes ver unha mostra deles.

DÍA DO LIBRO
Para festexar o Día do Libro, que é o 23 de abril, imos realizar unha acividade moi chula no cole, consistente nun mercadiño de libros, pero non é un mercadiño no que haxa que mercar, senón que hai que trocar. Por iso, ao longo desta semana cada un de nós deberá levar ao cole un libro (a poder ser que sexa noso, pero non mercado novo para a ocasión) e o venres 15 faremos o troco.
MOITOS MOMENTOS DE XOGO
Agora estamos aproveitando moito mellor os momentos de xogo libre e dirixido, pois temos novos materiais cos que cada vez imos aprendendo máis e máis cousas. Así, podedes ver algúns dos momentos de xogo. Que vos parecen?
E aquí estamos todo os do noso equipo despois de xogar na asemblea co xogo da SERPE DE CORES.

A NOSA APORTACIÓN AO MURAL DE FORMI
No corredor de infantil, ao tempo que imos pescudando cousiñas sobre os distintos países polos que vai viaxando Formi, imos deixando constancia dos seus pasos polo mundo nun mural que reflicte a súa traxectoria. Para iso, ao final de cada viaxe, cada clase se encarga de plasmar unha cousa concreta. A nós, no tocante a Rumanía e os castelos, tocounos reflictir cales eran as partes dos castelos, e com podedes ver no noso panel, xa imos escribindo ó noso xeito, e cada vez o facemos con máis letras. Non o facemos nada mal!!!
2/4/11
OS VENRES IMOS AO EDI
OS NOSOS XOGOS
A nosa clase estase enchendo con novos xogos que imos facendo: de letras, de números, coas nosas fotos, coas nosas palabras, cos nosos debuxos... polo que o noso recanto de xogos cada vez ten máis posibilidades para escoller tarefa.
Pero ademais á nosa clase chegan outros xogos cos que pouco a pouco nos iremos adentrando no mundo das letras e dos números alimentando a uns animais, sí, sí, líchedes ben.
Temos uns animais que só comen letras, ou só números, ou só palabras... e nós temos que darlles unhas gaietiñas escribindo o que corresponda segundo o animal ao que queiramos alimentar. Encántanos este xogo, e algún animal acabará empachado con tantas gaietas que lle damos.

CON ESTE TEMPO...
O mellor será que cada un traia a súa gorriña (con nome, e para deixar no cole) para cando saimos ao patio, ou para cando vaiamos ao invernadoiro a facer as nosas plantacións. Agora comezaremos a facer sementeiros de aromáticas tamén na clase, e para que vos fagades unha idea dos aromas, mirade que cousiñas imos plantar: LAVANDA, TOMILLO, ORÉGANO, PEREXIL, ROMERO...
Se tedes algunha plantiña na casa e queredes que vola coidemos tamén podedes deixárnola porque agora imos facernos expertos xardineir@s, e comezaremos a ter cada vez máis responsabilidades, por suposto, coidar as plantas será unha tarefa importante.

FORMI ESTÁ EN... BRASIL!!!!!!
O martes chegounos unha carta de Formi onde nos dicía que no Entroido collera un avión e se fora para outro país.
Díxonos que nese país festexaban moitísimo esa festa e ademais ensinounos a súa bandeira que é esta:
Xa nos comezaron a chegar cousiñas ao cole, e ao parecer, segundo din as informacións está en Brasil.
Empezamos a lembrar nos países polos que leva viaxado e o certo é que esta formiguiña non para. Xa vimos nunha fichiña o mapa e a cantos sitios leva ido!!!!
Xa sabedes precisamos cousiñas sobre Brasil para poder pescudar moitas cousas e axudarlle a Formi a coñecer ese novo país. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)