No corredor de infantil, ao tempo que imos pescudando cousiñas sobre os distintos países polos que vai viaxando Formi, imos deixando constancia dos seus pasos polo mundo nun mural que reflicte a súa traxectoria. Para iso, ao final de cada viaxe, cada clase se encarga de plasmar unha cousa concreta. A nós, no tocante a Rumanía e os castelos, tocounos reflictir cales eran as partes dos castelos, e com podedes ver no noso panel, xa imos escribindo ó noso xeito, e cada vez o facemos con máis letras. Non o facemos nada mal!!!
10/4/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario