Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2009-2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2009-2010. Mostrar todas las entradas
23/8/10
COMEZA A CONTA ATRÁS!!!!!!!
Xa non queda nada para comezar o novo curso, no que estrearei cole, compis e peques, pero... non quería comezalo sen antes mandar unha forte aperta e un montón de bicos aos meus peques do Rosal.
Que teñades moita sorte neste novo curso, e que aprendades moitísimas cousas, que agora xa sodes maiores e tedes que ensinarllas aos nen@s pequen@s da escola, eh!!!!
Por suposto tamén, un saúdo para as miñas familias rosaleiras.
Pasádevos por aquí de cando en vez e así seguimos en contacto. Vale?

3/8/10
INTERCAMBIO DE MANUALIDADES
Despois de ter esperado xa bastante tempo a ver se os paquetiños que quedaban por recibirse aparecían, non temos novas de ningún deles, polo que... como organizadora do intercambio, pido desculpas ás que quedastedes sen recibir (eu tampouco recibín, eh!!, non foi tongo, jejeje). Por algunha razón houbo problemas con eses paquetes, e ou están sen enviar, ou se perderon polo camiño.
Síntoo!!! Espero que para o próximo se cumpran os prazos e todo o mundo reciba, ao mesmo tempo que envia, que sería o de esperar.
Grazas a todas por participar!!!!!
Síntoo!!! Espero que para o próximo se cumpran os prazos e todo o mundo reciba, ao mesmo tempo que envia, que sería o de esperar.
Grazas a todas por participar!!!!!
16/7/10
SELIÑO DENDE A ESCOLA DE PARADA
Aquí nos chega este selo de Isa, a profe da Escola de Parada, e dende aquí o reenviamos a tódolos blogs que nos seguides, e a tod@s aqueles que sen ter blog tamén nos seguides día a día, porque compartir é posible!!!!
3/7/10
QUEBRALINGUAS E AGASAIO
Dende a páxina de PEQUENET podedes xogar a buscar quebralinguas escollendo a letra pola que queirades facer o xogo de lingua.
Ademais dende esta páxina enviaron un premio, que a nós nos chegou por varias vías, e que publicamos para que vos o collades e o repartades na vosa cadea de blogs amig@s, e a ver ata onde chega!!!!

Ademais dende esta páxina enviaron un premio, que a nós nos chegou por varias vías, e que publicamos para que vos o collades e o repartades na vosa cadea de blogs amig@s, e a ver ata onde chega!!!!
28/6/10
25/6/10
REMATE DE CURSO E CAMBIO DE COLE
Para os peques xa rematou a clase, para os profes aínda nos quedan uns días para rematar cousiñas, preparar as aulas, xuntanzas... pero xa queda menos para as vacacións!!!!!!!
Como moitos xa sabedes, eu cambiarei de cole, e o próximo setembro xa non estarei no Rosal, senón en Ortigueira, o meu novo destino, e con novos nen@s, compañeir@s...
Pero, aínda que ata agora sempre que cambiaba de aula, cambiaba tamén de blog, desta vez non o farei, así que... por aquí poderedes seguir vendo as andanzas da miña nova aula, e por suposto, tamén volver a mirar e remirar as nosas aventuras deste curso 2009-2010, que seguirán tamén neste espazo.
Dende aquí, só quero despedirme dando as grazas ás familias pola súa colaboración ó longo de todo o curso, e mandarlle un montón de bicos ós meus peques, os que (despois de ver as fotos de todo o curso...) medraron un montón, e xa parece que pasou moitísimo tempo dende os primeiros choros de setembro ata agora, que xa están tod@s feitos uns chic@s!!!!
Espero que sigades vendo de cando en vez o blog, e xa sabedes, facede comentarios!!!
Ata sempre!!!!

XA VAN QUEDANDO MENOS POR RECIBIR!!!
De Ana (Cousas da nosa clase) para Montse (El país de los enanos), vai esta libretiña tan chuli, que seguro poderá utilizar para mil cousas (apuntamentos das xuntanzas do cole, diario de aula, datos importantes...).22/6/10
MÁIS AGASAIOS!!!
Desta vez un dos que chegou foi o que mandei eu, e as miñas dúbidas tiña de que chegara, pois ía cruzar o atlántico!!! Dende o sur de Pontevedra ata Arxentina (Marlove. Secretos)foron as miñas cousiñas (un broche, un marcapáxinas, un chaveiro, e unha pulseira-recolle traballos) feitas en foma eva.
E tamén chegou o agasaio de feltro que lle enviou Montse (El país de los enanos) a Pati (La clase de las luciérnagas). Un organizador chulísimooooo!!!!

E tamén chegou o agasaio de feltro que lle enviou Montse (El país de los enanos) a Pati (La clase de las luciérnagas). Un organizador chulísimooooo!!!!
19/6/10
DENDE ALICANTE ATA MURCIA
Viaxaron estes agasaios tan chulis de Laura (Profe: qué hacemos hoy?) a Zhenda (Nuestro diario).
Un marcapáxinas e un broche de feltro, acompañados dun envoltorio que incluía días pinciñas. Que chulo!
Un marcapáxinas e un broche de feltro, acompañados dun envoltorio que incluía días pinciñas. Que chulo!
18/6/10
RECÉN CHEGADO

Outro paquetiño, esta vez...un broche!!! Eu ó principio pensaba que era un pousavasos, así que... quedádevos coa idea, mirade que sinxelo facer un broche, ou un xoguiño de pousavasos plastificados!!! Imaxinación ó poder!!!
17/6/10
NOVAS CREACIÓNS RECIBIDAS!!!
Este é o agasaio de Vicen para Silvia:
Que son uns imáns, que xa ten colocados no seu frigorífico, e un broche de feltro cunha mestra (que mellor cousa para poñer nos nosos mandilóns?)
E este o de María Mirantes para Gemi:
Un broche de goma E.V.A e un colar de abalorios nunha bolsiña de organza.
Que son uns imáns, que xa ten colocados no seu frigorífico, e un broche de feltro cunha mestra (que mellor cousa para poñer nos nosos mandilóns?)E este o de María Mirantes para Gemi:
Un broche de goma E.V.A e un colar de abalorios nunha bolsiña de organza.COIDAMOS A NATUREZA
Hoxe estivemos preparando unha cancionciña para o medioambiente, para un proxecto, co noso grupo de traballo BENCLALU. De momento, deixámosvos un adianto de onde cantamos o noso himno.
Os nosos compis, do grupo de traballo, teñen tarefas distintas, uns farán a mascota, outros o lema... e a nós tocounos o himno. Como será? Seguro que se lles preguntades ós peques cantánvolo moi ben.
GRAFOMOTRICIDADE COOPERATIVA
Onte fixemos unha actividade de grafomotricidade cooperativa, consistente en facerlle puntiños a un abano, con rotulador, e ó sinal de cambio, tiñamos que cambiarlle o rotulador ó noso compañeiro/a da dereita. Así ata que pintamos o abano con 7 cores.
Mirade como quedou o de Silvia!!! Logo, pegámoslle tiriñas prateadas.
CUMPREANOS DE XUÑO, E...tamén os de verán
Hoxe festexamos o cumpreanos de Silvia e Alejandro, que cumprían anos neste mes...
Pero... tamén aproveitamos para festexalos cos compañeiros que cumprirán en verán.
Así, todos tiñamos a nosa coroa. Para diferenciar, os do verán ( e como eran moitas coroas) levaban un sol.
E, por suposto, fixemos nós o postre, esta vez tocou biscoito de nata e amorodos. Mmmmm, qué rico! non quedou nin rastro!
GATO GUILLE E OS MONSTROS
ESTAMOS MOI NERVIOS@S!!!
Estes días estamos moi nerviosos e alterados, sabemos que está a piques de rematar o curso, e iso pálpase no ambiente.
Hoxe tivemos que relaxarnos un pouquiño, facémolo normalmente, pero hoxe aínda máis. Era imposible escoitar algo en medio de tantos berros!!!
Despois de relaxarnos, puidemos continuar polos recunchos, e rematar algunhas tarefas, por exemplo, unha ficha moi veraniega, na que botamos area (que nos foi buscar Raquel, pois era a encargada do día).

Hoxe tivemos que relaxarnos un pouquiño, facémolo normalmente, pero hoxe aínda máis. Era imposible escoitar algo en medio de tantos berros!!!
O AGASAIO QUE LLE ENVIAMOS ÓS NOSOS AMIGOS
Xa vos contamos o outro día que estes días algunhas cousiñas non as podiamos publicar porque eran sorpresa. Hoxe xa podemos ensinarnos algunha, por exemplo, a caixa de tesouros, e as pinciñas decoradas que lles enviamos ós nosos amiguiñ@s de Oviedo.
Cada un de nós se debuxou, e puxo o seu nome, plastificamos os debuxiños e pegámolos con "velcro" en pinzas. Agora cando queiran tender algún traballiño na súa clase, seguro que lembrarán de nós.
Que vos parecen?
Ah... e, por suposto, a carta ía asinada por todos!!!

Ah... e, por suposto, a carta ía asinada por todos!!!
16/6/10
AQUÍ CHEGOU OUTRO!!!
Dende o sur de Galicia ata o interior lucense viaxou esta caixiña, chea de notiñas personalizadas, e un porta-incienso feito con serpentina. Que vos parece?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)