Esta semana estivo chea de eventos, pois festexamos o Día do Libro, que aínda que coincide realmente o día 23 deste mes, como nos cadraba de vacacións o adiantamos, e fixemos a nosa exposición de Libros para este venres rematar cun "TROCO LITERARIO". Así, despois de ter traido cada nen@ o seu libriño durante a semana, rematámola facendo un intercambio de xeito que cada un colleu outro libro para levarse en propiedade para a súa casa.Mirade o ben que o pasamos:
Tamén tivemos unha sorpresa dos nen@s do cole de Charo (alumna-profe da nosa profe) que dende Vigo nos enviaron un libriño que fixeran do inverno e que xa temos na nosa biblioteca para ollar cando queiramos, agora que andamos a todas horas na procura de letras (pois xa coñecemos moitísimas) poderemos recurrir tamén a xogar co libro pois nos vale para xogar a ler imaxes. Mirade que chuli lles quedou:
Moitas grazas!!!!!
Participamos tamén nesta semana no concurso de portadas para a revista do cole que dende o Equipo de Normalización Lingüística se propuxo. Estas son algunhas das obras que envíamos da nosa clase:
Tamén aproveitamos para contarvos que participamos nun concurso de marcapáxinas que organizaou a biblioteca municipal, e que xiraba arredor da figura e obras de Lois Reigosa. A participación foi absoluta:
Os nosos marcapáxinas representaban ao galo e ao raposo dun dos contos de Lois Reigosa.
22/4/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario