BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

26/10/11

OS DÍAS DA SEMANA E A ORIXE DOS SEUS NOMES

Unha das cousas que aprendimos esta semana é a que se debe o nome dos días da semana, e así, agora cada día o relacionamos cos planetas, o noso satélite ou coa estrela máis luminosa.
Se premedes neste ENLACE poderedes ler datos moito máis precisos sobre a orixe dos nomes, tanto dos días da semana como dos meses do ano.
Aínda así, ímosvos lembrar aquí, con que se relaciona cada día, e así ninguén se sorprenderá se chega un neno/a á casa dicindo que "hoxe é o día de Mercurio", e non se refire a que os "mercurios" estén de santo, claro.

Agora, temos debaixo dos días da semana o planeta, satélite ou estrela que corresponde, e uns carteliños cos seus nomes. Así pouco a pouco imos relacionando tódalas cousiñas que estamos a aprender con Marci e as súas aventuras.

2 comentarios:

  1. Me gusta mucho la idea. Seguro que los peques se lo pasaron pipa viendo el parecido con el nombre real de los días. Es estupendo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Cantas cousiñas aprenderon! Está moi ben iso de colocar debaixo de cada día da semana o debuxo do planeta, satélite ou estrela correspondente co seu nome. Seguro que así lembraranse mellor. Un biquiño.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor