BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

29/9/11

NOVA FORMA DE TRABALLAR

Como xa vos comentamos noutra ocasión, este ano imos traballar dende xa (agora en outubro) por recantos e proxectos.
A modalidade dos recantos, non será como unha distribución espacial sen máis (como faciamos o ano pasado) senón que será un traballo en pequenos equipos (distribuidos por cores) e nos que, en cada recanto, haberá unha actividade concreta para facer, aparte de que lles de tempo de xogar libremente cos materiais de dito espazo.
Así, cada día da semana, terán que ir a un determinado recanto (dos 5 que hai) e o venres, todos teran pasado polos 5 recantos, e realizado as actividades propostas en cada un deles.

Hoxe comezamos coa distribución por recantos a modo de proba, pero xa cos nosos carnés, e o luns xa teremos o PANEL DE CONTROL, co que cada nen@ saberá a que recanto lle toca ir, a cantos foi ao longo da semana...
Por suposto, esta nova forma de traballar, esixe coñecer novas normas, que antes, non sempre cumpriamos (como non poder cambiarse de recanto, xa que cos carnés non haberá sitios libres a onde ir, pois hai un número máximo de nen@s que non se poderá superar).

Hoxe por exemplo, amosámosvos unha das actividades que fixemos, neste caso no RECANTO DE SABI@S (no que se inclúe a biblioteca e a zona de letras).


Neste recanto a actividade consistía en escribir o seu nome con diferentes materiais (recortando letras, con letras troqueladas, estampando con selos, escribindo con rotuladores de cores...). Cando remataban a tarefa podían xogar no recuncho libremente: collendo un conto para ler, collendo as marionetas que temos na biblioteca para dramatizar historias...
Mañá o equipo que pase por esta zona terán que facer a mesma tarefa.
Así, facendo os traballos en pequenos grupos, a atención é máis individualizada, os nen@s cooperan máis, vólvense máis autónomos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor