BENVID@S AO NOSO ESPAZO! NEL PODEREDES VER O QUE FACEMOS NA CLASE, VISITAR ENLACES INTERESANTES, COLLER IDEAS, DESCARGAR MATERIAIS... ADIANTE!!!!

27/9/11

INVENTAMOS E ILUSTRAMOS OS NOSOS CONTOS

Hoxe fixemos a nosa primeira exposición no exterior da clase, vaia non moi lonxe, só foi no noso corredor!!!
Alí, despois de que onte inventasemos unha historia coa nosa "caixa máxica das palabras" fixemos as ilustracións da historia, e antes de montar o libriño, decidimos facer unha exposición das nosas ilustracións para que o podan ver os nosos compis cando van ao comedor, por exemplo.
Quedáronnos moi chulis, e como o protagonista do conto era un paxariño (máis concretamente un paporroibo) pois aos debuxos engadímoslle plumiñas de cores.
Mirade que chulis!!!



A historia fala dun paxariño que collía moedas pola rúa e as gardaba nun peto. O paxaro foi ao bosque e atopouse cun montón de animais...

2 comentarios:

  1. Menudas historias e contos son capaces de crear @s nen@s coa caixa máxica das palabras, ilustrala e logo expoñela. Unha gozada.

    ResponderEliminar
  2. ¡Que bonitiño vós quedou o conto! Non me extraña nada que quixerades que o vesen os demais compañeiros. Un biquño.

    ResponderEliminar

 
poemas de amor