Hoxe estreamos materiais na asemblea, e tamén novas tarefas para os encargad@s do día.
Entre eles, estreamos uns paneis nos que teremos que "sumar", contando cantos nenos e nenas hai na escola e cantos non viñeron. Pero cando lles expliquei que iamos sumar coma os maiores, varios me dixeron: profe, que é sumar????? Pouco a pouco a medida que vaiamos facendo o que xa faciamos o curso pasado pero plasmado a modo sumatorio, se darán conta do sinxelo que é sumar pois xa levamos tempo facendoo.
Estas sumas tamén as plasmaremos noutras actividades dentro do recanto dos matematic@s, pero sempre de xeito manipulativo.
29/9/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡Qué listiños son! Me encanta tu método con los villeda para saber cuantos hay en casa y cuantos en el cole, es mucho más cómodo. En todas las clases de infantil donde estuve lo hacían pegando los números con velcro y creo que es bastante más práctico plastificando el cartel. Gracias por darme la idea. Un beso.
ResponderEliminarCalquera cousa plastificada e logo para escribir cos rotus de encerados brancos queda moi ben. Eu utilizo este sistema en moitos paneis, e en xogos dos recunchos. A el@s encántalles ata trabucarse para poder borrar despois, jejeje.
ResponderEliminarNós tamén traballamos as sumas pero co número de nenos e nenas que hay, os que faltan e o total. Pero facémolo co velcro. É unha boa idea para os máis maiores que traballan a lóxica e o trazo.
ResponderEliminarSí, eu tamén utilizaba ese sistema, pero así traballamos a grafo tamén na asemblea, e nos aseguramos ir traballando o trazo dos números alomenos na asemblea, porque ao escribir só un dous ao día, imos vendo como vai cada un nese senso. Se non lle sae, ou non se lembra como se fai o número os compañeir@s lle explican... é un xeito máis de buscar a cooperación do grupo clase, en caso de ser necesario.
ResponderEliminar