Esta semana foi moi curtiña, pero nós aproveitámola moi, moi ben.
O mércores fomos de excursión a Caixanova e vimos unha obra de teatro que se chamaba "Me duele el caparazón" e na que os personaxes eran títeres con cuncha (tartarugas, cangrexos...) feitos con materiais moi, moi pecualiares (tulipas de lámpadas, garfos, ensaladeiras, garfos...) e na que se falaba sobre os medos dos nen@s a ir ó medico (e non tan nen@s, claro).
Mirade na súa Páxina.
Pero antes de ir ó teatro, merendamos na Alameda.
Antes de sair para alá, na asemblea tamén tivemos tempo de ver o libro-mural que nos trouxo Adán, e que "nos veu ó pelo" pois nel amosábanse animais mariños que teñen cunchas, así que foi unha preparación para a obra. Adán ensinounos todo moi, moi ben. E ben merecido ten un aplauso por facelo así e a súa familia por ter unha idea tan orixinal, coma todos os que levamos visto. Moitas grazas por participar na vida escolar dos vosos fill@s!!!
Ademais o mércores antes de sair tivemos que darlle de comer ós nosos vermes de seda, tiñamos 3 dende o venres anterior, pero... o mércores un morrera, e hoxe, outro, así que... só nos queda un. A ver se "non morre de aburrimento". Dámoslle de comer follas de morera, que é a árbore con forma de paraugas que temos xusto ó lado da escola, entre o centro de saúde e o patio. Dádesvos conta? Estamos mirando como se vai transformando, e esperamos ver como se convirte nunha fermosa bolboreta.Mirade o proceso... e podedes xogar con esta secuencia:
Tamén estamos facendo algo relacionado co mar, utilizando unha das caixas de zapatos que trouxemos ó cole, imaxinades que pode ser?
21/5/10
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario