Así, con este material tan cotiá como son as tapas das botellas, estamos achegándonos ao concepto de número: clasificando, seriando, sumando, comparando...
E tamén estamos utilizando etiquetas da roupa para achegarnos ao mundo dos números. Nelas hai números pero que significan cousas diferentes: pode ser o prezo, a talla, unha referencia, o código de barras... Xa sabemos que estos últimos son os culpables dos piiiii á hora de facer a compra e que os caixeir@s nos pasen os produtos pola caixa.
Xogamos a buscar códigos de barras!!!!
Así aprendemos o valor dos números en cada situación, e nos achegamos a eles dun xeito máis motivador.
Neste trimestre imos incorporar moitos materiais novos aos nosos recunchos, sobre todo ao dos oficios (xogo simbólico) e ao matemático.
Así, agora no supermercado temos máis cartos para poder xogar a facer compras, temos carteis cos prezos, temos tickets...
E no de matemáticas, ademais do novo material que xa vimos temos xogos como: barallas (coas que xa xogamos e coñecemos as súas cartas, o seu valor, e fixemos clasificacións por paus, e tamén ordenacións ascendentes...) e logo traballar sobre o papel.
E tamén xogos de dados (cos que estamos identificando os número co valor que neles se indica a través dos puntiños (fixemos sumas, anotamos as nosas tiradas...)
E tamén xogos de dados (cos que estamos identificando os número co valor que neles se indica a través dos puntiños (fixemos sumas, anotamos as nosas tiradas...)
Imolo pasar xenial adentrándonos no mundo matemático, seguídenos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario