Os venres, adicámonos de xeito máis específico ao mundo matemático(aínda que sempre traballamos tódalas áreas globalizadamente).
Estes días atrais estivemos cos xogos de dados, chapas... e tamén facendo inventarios (nos que non só traballamos o conteo de cousas, e a súa numeración, senón tamén a lectoescritura, o coñecemento do contorno...).
Agora xa rematamos os nosos inventarios (nos que traballamos con cousas da casa, da nosa clase, das aulas de infantil, do patio...) e moi pronto comezaremos a traballar con algo, co que traballan os piratas!!! sabedes que pode ser?
Mirade como traballamos en facer as portadas aos nosos inventarios!!!
Quedaron moi chulis!!
Grampamos tódalas follas, puxemos a porta e a contraportada e os nosos inventarios xa están listos!!!
6/2/12
OS NOSOS INVENTARIOS REMATADOS
Etiquetas:
CURSO 2011-2012,
INVENTARIOS,
LÓXICA MATEMÁTICA,
MUNDO MATEMÁTICO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario