Na clase temos algúns modelos de fichas case en branco, para que sexa cada neno ou nena o que a personalice ao seu gusto.
Así por exemplo, mentres uns deciden pegar letras e a partir delas escribir palabras que comezan por esa letra, outros pegan números e debuxan tantos como marca o cardinal que pegaron. Nestas fichas non hai xeito de copiar aos veciños, e cando o fan, dánse conta de que non serve para moito, pois cada un colle números ou letras diferentes.
Estas fichas, están nos recantos, e así, libremente poden ir facendo os seus propios exercicios, aínda que para iso, previamente, temos que darlles algunhas ideas, claro.
Hoxe, por exemplo, xurdiron cousas así:
Deste xeito, cada un debuxa o que quere, pode escribir despois, se quere, cada un debuxará máis ou menos cousas segundo os números escollidos, etc.
5/3/12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Unha idea moi boa esa de que cada neno/a elabore a súa ficha. Que ben debuxades e escribides!.
ResponderEliminarBoas maneiras de individualizar o ensino e que o neno sexa o protagonista. Seguro que se sinten un pouquiño profes durante un anaco. Besos.
ResponderEliminar